A exaltación do tinto xuntou no colexio de Cenlle a 600 persoas

Xantar no colexio de Cenlle.
Un grupo de gaitas e unha charanga animaron a xornada dedicada á exaltación do viño tinto de de Cenlle, que acadou a súa sexta edición na capitalidade municipal. As actividades iniciáronse a media mañá cunha cata nas adegas dos vitivinicultores das localidades de Riobó, San Sadurniño, Lentille, Cuñas e Cenlle, cuxos caldos foron os elexidos para degustar na propia festa.
Ó mediodía, celebrouse un xantar no pavillón polideportivo cuberto do colexio público, cun menú integrado básicamente por cocido de carne de tenreira ó caldeiro e chourizos con patacas.

O alcalde, Manuel García Montero, amosou a súa satisfacción pola asistencia de xente, 'xa que contabilizamos unas 600 persoas que entraron no recinto e que pasaron un día fenomenal'. A organización, que recaeu no Concello, tamén serviu máis de 600 litros de viño tinto ós comensais, superándose así tódalas previsións.

Te puede interesar