Exposición de lagares e música de gaitas na Feira do Viño

O Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeiro organiza un acto de inauguración da exposición Lagares Rupestres. Pegadas da historia vitivinícola en Galicia, que se desarrollará no Museo Etnolóxico o vindeiro mércores, 2 de maio. O acto dará comezo ás 20,00 horas. Previo a isto, ás 19,00 horas, celebrarase un seminario a cargo do autor da exposición, Luis Padín, que desenvolveu o traballo de campo e de investigación documental para localizar os lagares.
Esta actividade enmárcase dentro da programación previa a Feira do Viño do Ribeiro, que nesta 49 edición tamén conta coa novidade da celebración do Campionato provincial de Bandas de Gaitas en Ribadavia. A presentación do certamen será o próximo luns, con vistas a participación de máis de 300 gaiteiros, o día 5 de mayo, nun pasarrúas e ca actuación na Praza Maior de Ribadavia.

Te puede interesar