Fisio a baixo coste para os auxiliares de Axuda no Fogar de Ribadavia

Casa do Concello de Ribadavia.
photo_camera Casa do Concello de Ribadavia.
O Concello de Ribadavia asume o 50% do prezo de seis sesións anuais das traballadoras do servizo

O Concello de Ribadavia ten entre as súas prioridades potenciar o Servizo de Axuda no Fogar e tamén mellorar a situación das traballadoras que o prestan. Por iso, asinou un acordo cos tres centros de fisioterapia que funcionan no municipio para aplicar descontos do custo das sesións a estas traballadoras municipais.

Este servizo presta unha atención  media semanal a 114 persoas maiores ou dependentes e realiza 1.877 horas mensuais de atención.

No ano 2023 realizáronse un total de 22.524 horas anuais, segundo apunta o alcalde de Ribadavia, César Fernández, quen engade que para o desenvolvemento deste servizo, o Concello conta cunha plantilla de 19 auxiliares de axuda no fogar.

Dende o día 1 deste mes de febreiro, o Concello de Ribadavia ten asinado un acordo de colaboración cos tres centros de fisioterapia de Ribadavia, “co obxetivo principal de previr e mellorar a saúde laboral das traballadoras, e así mesmo de fomentar o traballo dos establecementos locais de fisioterapia con domilio no concello”, explica o alcalde.

Esta nova medida contemplada no acordo de colaboración consta dun desconto do 50% do prezo para 6 sesións de fisioterapia anuais. “Trátase dunha medida innovadora, que non existe na actualidade en ningún outro concello, que pretente mellorar a saúde das auxiliares e previr distintas lesións asociadas ao posto de traballo”, matiza César Fernández.

“Estamos orgullosos do funcionamento do servizo”, sinala César Fernández, que considera que esta medida pode axudar a evitar e previr lesións e paliar as molestias ocasionadas por o seu traballo físico.

Te puede interesar