Jaime Moreda presenta o seu libro no Museo

n n n O próximo venres, ás 20 horas,no Museo Etnolóxico, presentarase o libro de poesía 'Pequeños poemas desesperados', primeiro poemario de Jaime Moreda Santamaría. O autor é natural de Ribadavia (nado en 1973). O acto correrá a cargo do profesor
E ESCRITOR XESÚS ALONSO MONTERO.

'PEQUEÑOS POEMAS DESEPERADOS'

recopila case toda a producción poética de Jaime Moreda Santarmaría, tanto en galego como en castelán, escrita dende a súa adolescencia. Conta con dous prologuistas de luxo como Xesús Alonso Montero e Newton Sabbá Guimaraes, prestixioso escritor e catedrático de latín e literatura da Universidade estatal de Iratí-Paraná (Brasil) e con unha portada e contraportada diseñada en exclusiva por Ana Isabel Albero Cortés.

Moreda Santamaría apostou por unha editorial que funciona vía internet, onde se pode adquirir un exemplar do libro. Agora, xa conseguiu estar presente nalgunhas librerías da provincia como Librería Mafranch e Librería Goyma (Ribadavia),Librería Stylo e Librería paseo La Región (Ourense) dando uns pequenos pero grandes pasos dentro da autoxestión.

Te puede interesar