Día das Letras Galegas

Lectura na Praza Maior de Ribadavia

“As nosas letras” é o nome do espectáculo do Mago Teto.
photo_camera “As nosas letras” é o nome do espectáculo do Mago Teto.
Diversos colectivos da localidade lerán fragmentos da obra literaria de Florencio Delgado a partir das 12,00 horas

O Concello de Ribadavia conta este ano un programa de actos enfocadas ó día das Letras Galegas. O groso das mesmas terán lugar hoxe, o día gran das Letras Galegas. A  xornada comeza cun pasarrúas ás 11,00 horas que correrá a cargo do grupo de baile e música tradicional Sadeo.

Un dos actos centrales da celebración en Ribadavia será a lectura da obra de Florencio Delgado Gurriarán. Este acto comenzará ás 12,00 horas na Praza Maior de Ribadavia e nel participarán diversos colectivos do concello que lerán fragmentos e pasaxes da obra máis representativa do autor valdeorrés.

Ás 13,00 horas, o grupo de música Sadeo ofrecerá unha actuación especial na Praza Maior.

Xa pola tarde, a partir das 18,00 horas, os amantes da maxia poderán desfrutar dun espectáculo único a cargo do Mago Teto que fará pasar un rato moi divertido a grandes e pequenos no Auditorio Manuel María da Casa de Cultura.

Finalmente, ás 19,30 horas, o local social da Fontiña Mariña (Francelos) representará unha obra de teatro infantil con nome “Salvemos o planeta” coa asociación Anaquiños de Francelos.

Durante a semana previa, o concello acolleu diversos actos ligados a celebración das Letras Galegas: Presentación do libro “Sophie non é o meu nome de guerra”, de Roberto Pascual, un espectáculo multimedia con un percorrido sensorial pola Galicia Infinda de Florencio Delgado ou un encontro de escritores no salón de plenos de Ribadavia.

Tamén desde o pasado 14 de maio e ata o 21 de maio, estase a vivir en Ribadavia a Semana do libro en galego no que participan as librarías de Ribadavia que ofrecen un desconto especial do 20% para as publicacións escritas en galego.

Obradoiro de música e baile

A celebración do día das Letras Galegas non se circunscribe ó día propio senón que se extende máis alá con iniciativas que reivindican a cultura galega. En Ribadavia, o vindeiro venres, 20 de mayo, terá lugar un obradoiro de música e baile tradicional na Praza Maior. A actividade comenzará ás 16,00 horas e prolongarase ata as 19,30 horas. Trátase dunha iniciativa que impartirá Xurxemurse e que está dirixida a nenos e nenas de entre 6 e 10 anos.

Te puede interesar