A Madalena de Ribadavia acollerá unha mostra de artes vivas

Unha das actuacións de danza na edición do 2023.
photo_camera Unha das actuacións de danza na edición do 2023.
Ribadavia participa na 8º edición das Residencias Paraíso, programa pioneiro para a danza e as artes vivas dirixido a artistas de Galicia, España e Portugal, con maior ou menor traxectoria, que precisen recollerse de forma intensiva arredor dun proxecto de investigación ou creación durante dúas ou tres semanas.

Os interesados poderán presentar a súa proposta até o 26 de febreiro e un comité de expertos valorará a integridade artística do proxecto, o seu grao de madurez e solidez, a relación entre a proposta e o territorio e as prácticas de programación expandida que arroupen a residencia, para anunciar a mediados de marzo os proxectos seleccionados neste 2024.

As residencias artísticas desenvolveranse entre abril e outubro no Pazo da Cultura de Narón, o Pazo da Cultura de Carballo, a Casa da Cultura de Vimianzo, o Vello Cárcere de Lugo, a Cidade da Cultura de Santiago de Compostela, o Salón Teatro do Centro Dramático Galego en Compostela, o Pazo da Cultura de Pontevedra e a Igrexa da Madalena de Ribadavia.

Te puede interesar