A mellora do vial acerca a Castrelo e Cartelle

A estrada arranxada no concello de Castrelo de Miño.
photo_camera A estrada arranxada no concello de Castrelo de Miño.

Enmarcado dentro do Plan de Melloras de Viais Municipais iniciado no ano 2020, o Concello de Castrelo de Miño executou as reparacións e melloras na estrada que une as localidades de Prado, As Bouzas, Casardeita e Fondo de Vila.

Investíronse preto de 300.000 euros nun tramo cercano aos 5 quilómetros e contando para elo coa colaboración da Deputación de Ourense e a Xunta de Galicia.
Un dos viais municipais máis transitados ve mellorada a seguridade de vehículos e viandantes e facilitará a comunicación entre todas as parroquias do concello coa de Macendo e co concello limítrofe de Cartelle .

A intención é  a de continuar traballando neste plan ata acadar a mellora de todos os viais municipais que se atopen en mal estado por falta de mantemento.

As autoridades municipais manifestan o seu agradecemento pola colaboración da Xunta e Deputación para cometer este tipo de actuacións moi necesarias para mellorar a comunicación entre as distintas localidades.

Te puede interesar