A campaña desenvólvese en Cortegada, O Barco, Ribadavia e Padrenda

Un milleiro de escolares aprenden a reciclar o lixo

 (Foto: José Paz)

Cerca de 1.000 escolares dos concellos de Cortegada, O Barco de Valdeorras, Ribadavia e Padrenda formaranse estes días na xestión sostible dos residuos urbanos, no marco da campaña educativa 'Separemos ben, reciclaremos mellor' que impulsa a Consellería de Medio Ambiente e Sogama co respaldo de Ecoembes e os Sistemas Integrados de Xestión de pilas (Ecopilas, Ecolec e ERP).

Monitores especializados trasladaranse ós centros escolares Otero Novas de Cortegada, Xullo Gurriarán e IES Lauro Olmode de O Barco, Tomás de Lemos de Ribadavia, e o colexio de Padrenda para instruír aos alumnos nas boas prácticas ambientais, asesorándoos sobre os comportamentos a adoptar para contribuír á redución da produción de refugallos, á reutilización dos produtos, e a correcta selección.

A compostaxe doméstica tamén terá o seu oco, toda vez que constitúe unha boa opción para o aproveitamento dos desperdicios orgánicos no fogar, obtendo a partir dos mesmos un abono natural con excelentes propiedades fertilizantes para hortas e xardíns.
Ademais, co obxectivo de afianzar os coñecementos e facer máis amenas as xornadas, os escolares serán obsequiados con diferentes xogos sobre a recollida selectiva, recibindo igualmente material divulgativo e merchandising de apoio.

Te puede interesar