Os minusválidos coñecen a rehabilitación termal

A Federación coruñesa de COGAMI (Confederación Galega de Minusválidos), constituída por 14 entidades de ámbito comarcal, iniciou o pasado domingo unha nova edición do Programa de Termalismo para persoas que teñen unha discapacidade recoñecida de alomenos un 33%.
Un total de 12 persoas participan desta actividade no balneario de Arnoia con tratamentos rehabilitadores, e proceden dos concellos de Teo, Santiago, Ames, Vedra, Arzúa e Santa Comba. Estes discapacitados están aloxados en habitación dobre en réxime de pensión completa e con tratamento termal con tres técnicas hidroterápicas e con goce das piscinas termais.

Unha parte importante do programa de rehabilitación e mantemento das capacidades funcionais está subvencionado pola Deputación de A Coruña, polo que as persoas usuarias do mesmo só teñen que aportar unha cantidade de 110 euros. Dende o comezo desta iniciativa, no ano 2006, foron un total de 50 persoas con discapacidade as que puideron beneficiarse destes tratamentos.

Te puede interesar