O mosteiro de San Clodio deu a coñecer os murais da igrexa

O Mosteiro de San Clodio, en Leiro, acolleu unha nova cita do ciclo 'Monumenta: difusión do patrimonio restaurado', un programa de dinamización artística que desenvolve a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria en espazos de interese patrimonial recentemente restaurados ou nos que están previstas actuacións de recuperación. En San Clodio estanse investindo 65.000 euros na restauración das pinturas murais do ábside da igrexa do mosteiro.
Deste xeito, onte desenvolveuse un obradoiro sobre a recuperación das pinturas dirixido ás familias e con posterior visita guiada ao conxunto arquitectónico de San Clodio. Trala visita tivo lugar un concerto da cantante María do Ceo.

Ata o vindeiro 8 de decembro, 'Monumenta' promove o achegamento da cidadanía ao patrimonio galego recuperado. Cóntase para elo co músico e escritor Xurxo Souto, coa proxección do filme histórico Noticieiro Folk 1932, coa contadora e cantante Charo Pita e cunha performance musical e poética de UgMOV, con Ugia Pedreira e Marina Oural Villapol e teatro con Quinquilláns.

Te puede interesar