“Nomes do Ribeiro” enriquécese coa historia: "Non é un libro só de toponimia"
Frutos Fernández presentou a segunda edición cun estudo das uvas
Frutos Fernández González presentou no Museo Etnoloxico de Ribadavia a segunda edición do seu libro “Nomes do Ribeiro”, nunha versión ampliada. Estivo acompañado por César Llana, director do museo; Rita Abraldes, profesora de galego; Xosé Carballido, enxeñeiro agrícola; e Secundino Lorenzo, profesor do instituto de Ribadavia entre 1968 e 1977. Todos eles coñecedores da obra de Frutos Fernández.
Os participantes neste acto teñen todos relación co Instituto de Ribadavia, así que se aproveitou a ocasión para render unha homenaxe ao centro, que empezaba a funcionar no 1953, precisamente no edificio do Museo Etnolóxico, onde estivo 5 anos ata que se construíu o novo edificio, sendo un dos máis importantes impulsores Gerardo Álvarez, ao que se refería Frutos Fernández, lembrando tamén aos profesores da súa época de estudante, entre eles, Secundino Lorenzo e Xosé Benito Sieiro, ex párroco do Carballiño.
Una vez agotada a primeira edición de “Nomes do Ribeiro”, o autor destacaba desta segunda edición dous apéndices, un dedicado ao estudo dos nomes das castes de uva, cun “significado inexplorado en Galicia, e que non aparecen na documentación anterior ao S-XVIII”, matiza, engadindo que “houbo unha gran relación dos nomes co norte de Portugal porque hai moitos que se repiten”. No outro apéndice presenta o estudo das catro palabras máis características do Ribeiro, que son ”nomes en vías de extinción”, referíndose a cavadura, culeiro, moio e sucalco.
“Non é un libro só de toponimia. O seu interés, a maiores de rebelar o significado dos nomes, está nos contidos históricos. Hai datos que son os que realmente enriquecen o texto”, explica Frutos Fernández.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
CHALLENGE INTERNATIONAL DU VIN
Los vinos de la D.O. Ribeiro logran seis medallas de oro en Burdeos
NUEVA FEIRA DE ARTESANÍA
Feria | Feira do Viño do Ribeiro
HOTEL BALNEARIO LAIAS CALDARIA
San Rosendo rinde homenaje a 30 trabajadores jubilados
Lo último