Unha normativa pioneira permite o control máis riguroso do viño

Estado actual de los viñedos de Toén, en la Denominación de Origen Ribeiro.
photo_camera Viñedos
Pretende reforzar o sistema da comprobación do cumprimento das características que deben ter os viños

O Diario Oficial de Galicia publicou a orde pola que se establece a normativa para a verificación da aptitude dos viños das denominacións de orixe protexidas de Galicia polos seus consellos reguladores.

Establécese así un procedemento, aínda máis rigoroso e detallado, para a comprobación, para cada partida de viño, do cumprimento das características específicas recollidas na normativa de cada denominación de orixe, físico-químicas e organolépticas.

A normativa recolle que para a verificación da aptitude físico-química, os consellos reguladores utilizarán os servizos de laboratorios debidamente acreditados segundo a norma internacional. Por outra banda, a verificación organoléptica farase, como ata o de agora, a través dos paneis de cata destes organismos, compostos por persoas profesionais do sector, pertencentes na súa maioría a ámbitos da enoloxía e a produción vitivinícola, que teñen un amplo coñecemento dos viños de cada denominación.

Actualización

A actualización da normativa pretende reforzar o sistema da comprobación do cumprimento das características que deben ter os viños e establecer unhas pautas comúns na forma de realizar esta comprobación por parte dos consellos reguladores.

Te puede interesar