Oferta pública de locais para uso comercial no casco histórico

A comisión informativa de Facenda do Concello de Ribadavia vén de fixar os prezos públicos dos dous locais comerciais de titularidade municipal que oferta en réxime de aluguer para o seu uso comercial.
Estes dous baixos, ubicados no casco histórico da vila ribadaviense poderán obterse ó traverso do pago mensual de 240 euros, o máis pequeno, e 340 o máis grande, por parte das persoas que presenten o proxecto de negocio correspondente e a solicitude de licencia de apertura. Os particulares ou empresas tan só deberán acondicionar o seu interior dacordo coas súas necesidades, así como a dotación de mobiliario que precisen, apunta o concelleiro de Obras, José Prieto.

Te puede interesar