Polémica pola rotonda que se constrúe en Melón

Zona onde o Concello prevé o acceso ó parque empresarial. (Foto: MARTIÑO PINAL)
O portavoz do partido socialista no Concello de Melón, Marco Portela, dubida da legalidade da rotonda que se está construíndo na N-120 para o acceso o futuro parque empresarial deste municipio, tendo en conta a existencia dun auto xudicial que suspendeu o acordo relativo a aprobación do plan parcial do referido parque empresarial.
Portela sinala, ademáis, que 'as contas do Concello foron intervidas por Facenda e dende o mes de xaneiro se reteñen a metade dos fondos estatais que lle corresponden para pagar a proveedores', polo que non se explica 'como o Concello solicita un crédito bancario para poder executar unha obra totalmente innecesaria' porque, segundo asegura, 'os terreos nos que supostamente se ubicaría o parque empresarial son propiedade dos veciños e a día de hoxe non se realizou actuación algunha sobre os mesmos'. O socialista tamén chama a atención sobre a situación da gardería municipal que, según indica, está funcionando fai varios meses sin auga potable, algo que desminte o Concello.

A alcaldesa de Melón, Cristina Francisco, rexeita as manifestacións do concelleiro socialista, matizando que o primeiro que debería facer era solicitar información sobre estes asuntos nos plenos. A rexedora asegurou que o Goberno só retivo dous meses a aportación por no facer públicas as contas anuais no plazo estipulado. Ademáis, matiza que a rotonda se executa grazas a unha subvención da Xunta por importe de 115.000 euros.

Cristina Francisco engade que o auto xudicial polo que se anulou o plan parcial do parque foi recurrido, e que non impide en absoluto seguir adiante co proxecto de creación de solo industrial. Finalmente, sinalou que está negociando con varias consellerías o abono de varias subvencións xa aprobadas para evitar pedir o crédito o que se refire o socialista.

Te puede interesar