O polideportivo de Beariz dispón dun novo tellado con 23.000 euros

O Concello de Beariz levou a cabo obras de mellora no seu pavillón polideportivo, cun orzamento de 22.975 euros, aportado pola Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta. O alcalde do municipio, Manuel Prado, comenta que 'os traballos consistiron basicamente na desmontaxe de 168 metros cadarados de placas translúcidas na cuberta do edificio, e a súa substitución por outras novas de poliéster reforzado'.
No mesmo proxecto incluise a reparación dos soportes de canalóns e baixantes de aguas pluviais, ademais da retirada e nova colocación de remates en chapa prelacada para o tellado do almacén, co obxectivo de eliminar as filtracións de auga de choiva que se estaban a producir.

Manuel Prado sinala que 'estas obras veñen a completar as realizadas a finais de 2009, centradas na instalación dunha nova superficie sintética en toda a pista de xogos, cun investimento de 63.000 euros que foi aportado polo departamento autonómico que dirixe José Ramón Lete.

Te puede interesar