El PP cuestiona los presupuestos de Carballeda de Avia para 2014

O grupo do PP de Carballeda de Avia afirma que non votou a favor dos presupostos para o 2014, porque "é falso que mantén servizos municipais sen subir impostos. Hai que recordar que no ano 2011, unha das primeiras medidas que aprobou Milia foi a de aprobar un incremento do 30% no imposto de vehículos, e do 50% na taxa de recollida de lixo, ademais de crear taxas novas, como a do uso dos velorios, que é de 200 euros".

O portavoz, Lorenzo González tamén insiste en que a media de gasto por veciño en concepto de impostos e taxas non é de 200 euros como di o alcalde, senón de 250. E entre outras críticas apuntan os populares que o incremento na partida de Servizos Sociais é unha consecuencia das achegas pola Lei de Dependencia.

O grupo socialista resposta que leva dende o 2001 que entrou no goberno sen subir os impostos, recordando que baixou o que mais repercute nos veciños, que é o IBI, e que a subida do 2011 dos impostos de vehículos e lixo foi unha medida compensatoria para favorecer ós veciños con menos ingresos. 

Te puede interesar