O PP insta a negociar unha oficina bancaria para Carballeda

O PP de Carballeda de Avia presentou unha moción para buscar e negociar solucións frente ao problema que supón para os veciños deste municipio o peche da súa única oficina bancaria. 'Por desgracia dende hai un par de días a única sucursal que prestaba os seus servizos pasou a ser unha mais das oficinas bancarias que pecharon de xeito definitivo este ano', sinala o portavoz popular, Lorenzo González.
En consecuencia, solicita do pleno un acordo para iniciar as conversacións co banco que pechou para que reconsidere a súa decisión. En caso de que non fora posible, insta a falar coas demais entidades bancarias para ofrecerlles que empecen a prestar os seus servizos neste Concello, apuntando tamén a posibilidade de contactos con calquera persoa física ou xurídica que poida estar interesadas en abrir unha sucursal en Carballeda de Avia.

Te puede interesar