O PP reclama ao Concello a limpeza da maleza no rural

O grupo municipal do Partido Popular de Ribadavia denuncia o abandono absoluto do medio rural por parte do goberno municipal. Os “populares” pregúntanse que sentido ten que exista unha Concellería do Medio Rural na estrutura do goberno cando “o abandono do rural é absoluto e manifesto”.

Engaden que “basta con darse unha volta por calquera das localidades do rural do Concello de Ribadavia para comprobar como a maleza medra descontrolada e moitas pistas de acceso a parcelas agrícolas están practicamente intransitables”.

O PP afima que esixirá que se actúe de inmediato na mellora dos espazos públicos e as infraestruturas de titularidade municipal das localidades do rural. “Non pode ser que os sete concelleiros que conforman o goberno estén mais preocupados das liortas entre eles que de arranxar os problemas da veciñanza de Ribadavia”.

Te puede interesar