RIBADAVIA

Presentación dun libro sobre cafés monumentos

O Museo Etnolóxico de Ribadavia acolle hoxe, ás 20,30 horas, a presentación do libro "50 cafés de España y Portugal", a cargo do seu autor Fernando Franjo Franjo

O Museo Etnolóxico de Ribadavia acolle hoxe, ás 20,30 horas, a presentación do libro "50 cafés de España y Portugal", a cargo do seu autor Fernando Franjo Franjo, periodista de El Correo Gallego e historiador da Arte. A obra que se presenta é un roteiro por medio centenar de cafés entendidos como monumentos. Trátase dun percorrido por establecementos vivos que aínda permanecen abertos ao público e que transportan ao lector a poñer en valor o café con maíuscula e percorrer a península Ibérica dun xeito diferente, cunha mezcla de historias, crónicas e o abundante anecdotario deixado por centos de persoeiros da cultura e do saber popular de moitas vilas e cidades.

O libro, ilustrado con máis de 330 fotografías e imaxes antigas dos establecementos, parte nunha ruta cafeteira en espiral, que comeza polo Café Casino de Compostela, agora un dos locales máis emblemáticos xa non soio de Galicia senón de toda a península, e conclúe no Café Comercial de Madrid.

Te puede interesar