POLÍTICA LOCAL

O PSOE esixe “transparencia" na selección de persoal en Leiro

Os socialistan denuncian que ás persoas que van ser escollidas "se lles fan unhas bases adecuadas as súas características"

Os socialistas de Leiro esixen total transparencia nos procesos de selección de persoal neste Concello para que calquera persoa poida presentarse ás probas "en igualdade real de condicións", sinalan. Segundo afirman tiveron coñecemento de que se realizaron unhas probas para a selección e contratación de 4 peóns forestais para o mantemento das zonas verdes do municipio. Os socialistas coidan que "cunha convocatoria onde os membros do tribunal calificador son, prácticamente, designados polo alcalde, ten poucos visos de manter a imparcialidade". 

Nese sentido, engaden que "presuntamente, xa se chamaron ás persoas que van ser escollidas finalmente, a quen se lles fan unhas bases adecuadas á súas características". Desde o PSOE denuncian que este procedemento de selección "pouco ten que ver coa transparencia nin co respecto á concorrencia competitiva que se debe asegurar desde as administracións públicas", segundo apunta o portavoz, Manuel Rodríguez.

O alcalde de Leiro, Francisco José Fernández, declaraba que "se ven que hai algunha irregularidade que o poñan en coñecemento dos tribunais de xustiza", e engade que "o proceso se fixo con toda correción, dacordo coa lei, despois de pedir ao INEM a lista de demandantes". O rexidor tamén puntualizou que "eu nin xiquera sei quen son os seleccionados". 

Te puede interesar