As recentes choivas poden aumentar a colleita deste ano no Ribeiro ata un 5%

O Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeiro tiña contabilizados a día 30 de setembro o ingreso nas adegas de 5.600.826 kilos de uva blanca, o que supón un 50% das previsións, e 183.892 kilos de tinta, un 15%. Deste xeito, calcula que xa está vendimando un 47% da colleita que estará en torno os 12 millóns de kilos. O presidente, Miguel Ángel Viso, puntalizaba onte que 'é probable que as recentes precipitacións fagan que as estimacións previstas se vexan incrementadas nun 5%; non obstante, este é un dato estimativo'.
Respecto a calidade, sinalou que 'esta colleita destácase polo seu carácter Atlántico, a uva que se está vendimando preséntase cunha excelente calidade e sanidade, as recentes precipitacións axudaron moito a finalizar a maduración e conservar o frescor atlántico'. Tamén engade que 'os primeiros mostos que estamos obtendo obsérvanse coherentes coa climatoloxía dominante e calidade da uva, mostos moi frescos, sabrosos, equilibrados e elegantes a vez que intensos e aromáticos'. Se as últimas choivas apuraron a maduración, espéranse outros sete días favorables. Deste xeito, prevese que para o 7 de outubro esté recollida o 98% da uva no seu punto óptimo para rematar ó longo da seguinte semana os posibles restos.

O Consello Regulador dispuxo de 30 inspectores que controlan o ingreso da uva nas adegas, e que nesta campaña empezaron a realizar parte dos controles mediante un sistema informatizado.

Te puede interesar