Unha reforma solucionou os danos en Santo Domingo

A Igrexa de Santo Domingo despois dos traballos de rehabilitación.
photo_camera A Igrexa de Santo Domingo despois dos traballos de rehabilitación.

A intervención levouse a cabo na cuberta e fachadas da igrexa por importe de 752.188 euros

A igrexa de Santo Domingo, do conxunto declarado Monumento Histórico Artístico, en Ribadavia, foi obxecto dunha intervención para mellorar o seu estado. A rehabilitación xa está rematada e supuxo un investimento de 752.188 euros.

O proxecto foi impulsado pola Asociación Amigos do Patrimonio Relixioso de Ribadavia e financiado pola Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades.

As actuacións acometidas para atallar as necesidades que presentaba o templo consistiron na substitución do enlatado de cuberta da igrexa e da cubrición do cruceiro e a recuperación da estrutura de trabes e pontóns de madeira de castiñeiro.

Ademáis, na fachada levouse a cabo a limpeza en seco de modo manual e a limpeza en húmido, a substitución de rexuntados de morteiro de cemento por morteiro de cal, traballos específicos de restauración consistentes en limpeza de policromías ou eliminación de colonización biolóxicas na porta gótica e nos escudos da fachada oeste, así como a retirada de elementos metálicos e ancoraxes, tratamento de soportes metálicos e outros tratamentos nas ventás e portas das fachadas.

Na cruz e cordeiro realizouse a eliminación de colonizacións biolóxicas, de rexuntes de cementos e de costra negra e o nivelado da cruz; mentres que nos verteaugas e ménsulas eliminouse as colonizacións biolóxicas, os rexuntes de cemento e desalazón.

Nas cornixas e canzorros leváronse a cabo as reintegracións matéricas e hidrofugación, a eliminación de colonizacións biolóxicas, eliminación de rexuntes de cementos e de costra negra; e no campanario realizouse o tratamento do cataventos, a eliminación de colonizacións biolóxicas, de rexuntes de cementos, avaliación estabilidade de pináculos e a desalación e consolidación. Rematando nas proteccións das vidreiras, restaurando a carpintería metálica e renovando as proteccións.

Te puede interesar