SAÚDE

Ribadavia non perderá a praza de psicólogo

Sanidade desminte as manifestacións do grupo municipal socialista sobre a supresión do psicólogo no COF

A Xerencia de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras garante o mantemento da praza de psicólogo adscrita ao COF (Centro de Orientación Familiar), do Centro de Saúde de Ribadavia, desmentindo as manifestacións do grupo municipal socialista sobre a suposta supresión da praza de psicólogo.

Polo tanto, sinalan os responsables de Sanidade, que  a labor que desenvolve o psicólogo adscrito ao COF de Ribadavia continuará do mesmo xeito e coas mesmas funcións que ata o de agora, e polo tanto integrado nun equipo multidisciplinar composto por un xinecólogo, enfermeira, auxiliar de enfermaría e traballador social, "nun traballo coordinado para dar resposta ás necesidades da poboación en materia como a prevención e promoción da saúde, a anticoncepción, o seguemento do embarazo, a detección do cancro de cervix ou a menopausia", sinalan co fin de aclarar a situación aos usuarios. 

Te puede interesar