O ribadaviense Jaime Moreda presenta poemas no Carballiño

O salón de actos do Casino Cultural do Carballiño acolle hoxe a presentación oficial do libro 'Pequenos poemas desesperados', do que é autor o ribadaviense Jaime Moreda Santamaría.
A entidad recreativa incluiu esta actividade dentro da súa programación das Letras Galegas neste mes de maio, xunto con conferencias, talleres e actuacións musicais. O acto comezará ás oito da tarde e o encargado da presentación será José Luis Chao, presidente do Clube Unesco Ribeiro dende a súa fundación, en 2002, e exfundador da Asociación Cultural Abrente. Jaime Moreda naceu en Ribadavia no ano 1973 e no seu libro recolle unha escolma de tódalas súas creacións poéticas dende a adolescencia. O autor recitará uns poemas ante o auditorio carballiñés, apoiado por un soporte videográfico e un acompañamiento de música electrónica producida por él mesmo.

Te puede interesar