VERÁN

Ribeiro en Común critica a escasa oferta cultural e de lecer no verán en Ribadavia

Tamén aseguran que "non é comprensible que a piscina municipal se peche a día 31 de agosto, sendo o Concello incapaz de prorrogar a súa apertura"

O grupo municipal de Ribeiro en Común fai unha valoración negativa da actividade municipal na tempada de verán de Ribadavia. Opinan que a oferta municipal de carácter cultural e de lecer  foi moi escasa, xa que dende o Concello non se plantexou ningunha actividade cultural nin de lecer para a veciñanza e os visitantes.

Tamén suliñan o aspecto sucio  do casco histórico, que precisa dun plan integral de mellora que foi aprobado pola Corporación a instancias dunha proposta feita por Ribeiro en Común. Finalmente, e á espera dunha valoración posterior do programa das festas patronais, o concelleiro Brais Fidalgo considera que "non é comprensible que a piscina municipal se peche a día 31 de agosto, sendo o Concello incapaz de prorrogar a súa apertura", tendo en conta que os rapaces non comezan o curso  lectivo até o 12 de setembro. 

Te puede interesar