Ribeiro en Común pide información do centro de saúde

O grupo municipal Ribeiro en Común de Ribadavia e o grupo parlamentario de En Marea realizarán unha visita ao centro de saúde para coñecer de primeira man as necesidades máis urxentes deste centro e solicitar de Sanidade a súa solución.

Esta preocupación está motivada a raíz da resposta da Consellería de Sanidade á pregunta da deputada de En Marea Eva Solla, sobre a construción dun novo Centro de Saúde en Ribadavia, no Campo da Feira. 

Sanidade sinala que “non consta cesión dos terreos por parte do Concello, que a data de onte aínda non aportou documentación que acredite a súa titularidade sobre as seis leiras que compoñen a parcela e a agrupación das mesmas e o seu certificado catastral", segundo afirma este grupo da oposición. 

Por eso, Ribeiro en Común solicitou no Concello toda a documentación que se lle enviou á Sanidade para comprobar a situación legal deste proxecto.

O alcalde de Ribadavia, Ignacio Gómez, repróchalle a Ribeiro en Común que lle faga caso ao PP, xa que a parcela xa está a disposición de Sanidade. O rexidor afirma que só falta un pequeño trámite no Catastro, que se retrasa, para segregar parte dunha finca adquirida por o Conello, e que "só é unha disculpa que poñen para non facer o novo centro de saúde". 

Te puede interesar