RIBADAVIA

O Ribeiro contará no 2016-2017 co ciclo superior de viticultura

uploaded_cesar_result
photo_camera César Fernández e Román Rodríguez durante a reunión.

César Fernández trasladoulle ao conselleiro o importante que é para a comarca do Ribeiro a implantación deste ciclo superior, como complemento do ciclo medio de viño e aceites existente na actualidade. 

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria,  Román Rodríguez, manifestou o  seu compromiso e referiuse a disposición da consellería para implantar o Ciclo Superior de Viticultura para o curso 2016-2017 en Ribadavia, e sinalou que o feito de non terse implantado xa neste curso 2015-2016 obedece a cuestións administrativas que agarda se resolvan o antes posible. Así llo confirmou o portavoz do grupo municipal do Partido Popular en Ribadavia, César Fernández, no transcurso dunha reunión que mantiveron, e no que o edil lle expuxo a necesidade deste ciclo para dar continuidad ó que xa esta funcionando no Instituto Abrente de Ribadavia, que é o grado medio de Viños e Aceites. César Fernández trasladoulle ao conselleiro o importante que é para a comarca do Ribeiro a implantación deste ciclo superior, como complemento do ciclo medio de viño e aceites existente na actualidade. 


Fernández salientou a idoneidade do IES de Ribadavia para acoller este ciclo dado que o centro conta xa coas instalacións adecuadas para esta titulación, e sinalou que "sería de xustiza para Ribadavia e para toda a provincia de Ourense, xa que nela concéntranse catro das cinco denominacións de orixe vitivinícolas galegas, contar con este ciclo dentro da oferta educativa do IES de Ribadavia". 
Ademais, César Fernández transmitiulle ao conselleiro que, o feito de ter na comarca do Ribeiro a Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (EVEGA) é un aliciente máis para que esta titulación se imparta en Ribadavia.
En consecuencia, tras as razóns expostas, Román Rodríguez comprometeuse a levar a bo término este proxecto no curso 2016-2017.


A Corporación de Ribadavia xa aprobara por unanimidad previamente nun pleno a solicitude á consellería, a partir dunha moción presentada polo grupo municipal do BNG. Nesta solicitude reclamábase que o ciclo se implantase para este vindeiro curso, algo que o conselleiro descarta por "cuestións administrativas". 
"No PP de Ribadavia consideramos que a accción política non debe limitarse a laiarse de aquelo que non se consigue e, nós entendemos que a política require dun esforzo e un traballo activo", sinala o portavoz, César Fernández.

Te puede interesar