A sala da biblioteca infantil inaugúrase coas ilustracións de Kiko da Silva

Para hoxe, ás 18.00 horas, está prevista a inaguración da nova sala infantil da Biblioteca Pública Municipal de Ribadavia (BPM).
O acto estará presidido polas autoridades municipais da capital do Ribeiro e contarase coa presenza de Kiko da Silva, ilustrador do mural que decora a sala infantil, froito dun novedoso programa impulsado na anterior lexislatura autómica pola Consellería de Cultura e Deporte: ‘Bibliotecas Ilustradas’. Asemade, contarase coa presenza de un bo número de nenos, ‘como parte insustituible deste traballo de promoción da lectura e o coñecemento que se realiza dende a BPM, xa que sen o seu interese e participación non se poderían levar a cabo estes proxectos, así como as actividades de Letras Vivas, Animación e Creación, actividades para conmemorar os Días do Libro, o Día da biblioteca e do Medio Ambiente, entre outros’, apuntaron os responsabeis de Cultura do Concello de Ribadavia. A continuación, os rapaces terán tamén a súa propia inaguración cunha sesión de contacontos, ás 18:30 horas, titulado ‘A bruxiña sen vasoira’ da man do grupo ourensán Altega.

Ademais, presentarase oficialmente unha nova sala adicada á bibliografía de información xeral, material audiovisual, banda deseñada ou cómic e dúas novas cabinas para ordenadores na que fora a anterior sala infantil da BPM de Ribadavia.

Te puede interesar