RIBADAVIA

Uns 700 nenos participarán este sábado no Encontro diocesano

Uns 700 nenos participarán este sábado, día 10 de maio, no Encontro diocesano que promove o Bispado de Ourense

Segundo explica o Bispado ourensano, este sábado celébrase, un ano máis, o Encontro diocesano de nenos e nenas organizados polas Delegacións de Infancia, Catequese e Misións.

Nesta ocasión irán en tren. Así, sairán da estación de Ourense ás 10,30 horas ata Ribadavia, onde se reunirán os 700 participantes no Encontro, que este ano xira en torno ao lema 'Os nenos axudan os nenos'.

Na igrexa de San Domingo de Ribadavia participarán na celebración eucarística pola mañá, para despois comer e realizar actividades pola tarde na área recreativa da Veronza.

Te puede interesar