Veciños de Melón presentan alegacións polas expropiacións

O pasado 19 de maio publicouse no Boletín Oficial da Provincia o expediente de expropiación das parcelas afectadas en Melón pola posible ubicación neste municipio da empresa británica Xero, dedicada a fabricación de coches eléctricos, coa relación de fincas de cada propietario.
O Concello tamén remitiu notificación individualizada por parcela a cada titular. Un total de 886 cartas foron enviadas e moitos dos afectados xa están acudindo ó concello en busca de información das fincas, xa que está aberto o período de alegacións durante 15 días a partir da publicación no BOP. Os veciños están realizando alegacións relativas básicamente a erros de datos.

Te puede interesar