A vendima vai superar os 19,5 millóns de kilos de uva

A campaña de recollida da uva na Denominación de Orixe Ribeiro rematará a vindeira semana, unha vez que as poucas adegas que aínda están abertas pechen definitivamente as súas portas. Ata a xornada de onte foron rexistrados polo Consello Regulador un total de 19.341.969 kilos, dos cales 17.758.322 corresponden ás variedades de uva branca, mentres 1.583.647 kilos eran de uvas tintas.
As previsións dos técnicos do organismo de control vitivinícola apuntan a que a producción da vendima de 2011 supere os 19,5 millóns de kilos, un 15% máis cá no 2010, que se distribúen entre un total de 105 adegas e 75 colleiteiros integrados na Denominación de Orixe. A vendima foi adiantada iste ano dúas semanas con respecto a campañas anteriores, á mediados do pasado mes de setembro, debido ó alto nivel de maduración das uvas acadado gracias ó tempo seco e soleado e con ausencia de precipitacións importantes.


CALIDADE

Neste sentido, os expertos destacan a importante calidade das uvas recollidas, xa que non foron afectadas por ningunha das pragas habituais (mildiu, oidium) que son orixinadas polo ambente húmido. Ademais, os técnicos da Denominación sinalan que os viños tamén ofrecerán un grao alcohólico superior ó de anos pasados.

Te puede interesar