Ribadavia nombrouno Fillo Adoptivo nun acto no que se destacaron as súas facetas como lingüista, escritor e profesor

Xesús Alonso Montero: 'O escritor non comprometido co pobo é traidor'

Xesús Alonso Montero durante a súa intervención no acto de homenaxe en Ribadavia. (Foto: MARTIÑO PINAL)
Ribadavia ofreceu onte unha entrañable homenaxe a Xesús Alonso Montero, oficializando co acto o seu nomeamento de Fillo Adoptivo. Asistieron numerosos representantes de distintas institucións, asociacións, escritores, artistas, políticos e veciños, que disfrutaron dun acto de recoñecemento ó ilustre académico durante o que se foi alternando a oratoria, sempre con Alonso Montero como protagonista, e a música.
O homenaxeado asegurou que o seu interés polas palabras xurdiu precisamente en Ventosela, cando residiu nos seus anos mozos neste pobo de Ribadavia.O erudito rememorou o seu mestre, a familia e tamén aquil ano 1966 cando se implicou directamente na loita contra o encoro de Castrelo de Miño.

Todos os que interviron para ensalzar a súa figura incidiron no seu compromiso coa sociedade, coa lingua galega e coa literatura. 'O escritor que non está literariamente comprometido co pobo é traidor ó pobo, é sinxelamente traidor', sinalaba o homenaxeado, que se declara marxista convencido. 'Loitarei por un Ribeiro mellor, co que soñaban persoas que tanto enriqueceron a miña vida', e engade, 'será un Ribeiro no que non haberá pobres, intentarei colaborar nesa tarefa'. O alcalde de Ribadavia, Marcos Blanco, o director do Museo Etnolóxico, Carlos Sierra, e o conselleiro de Cultura, Xesús Vázquez, entroutros que interviron, destacaron as súas múltiples facetas como brillante orador, un profesor imprescindible, lingüista ou escritor. 'Ninguén coma el transmitiu a palabra da liberdade, da ética e da democracia, ao longo de tantas décadas, en condicións moi difíciles, mesmo desafiando e sufrindo a represión da ditadura', matizaba o conselleiro.

Ademáis estiveron presentes os secretarios xerais de Cultura e de Política Lingüística, Anxo Lorenzo e Valentín García; o fiscal superior de Galicia, Carlos Varela; o presidente do Consello da Cultura, Ramón Villares; o secretario da Real Academia Galega, Xosé Luís Axeitos e o reitor da Universidade de Santiago, Juan Casares Long, entre outros. Alonso Montero recibía un pergamino e unha medalla durante o acto no que actuaron a Banda Luis Costa, a Real Banda de Gaitas da Deputación, a Banda Virxe do Portal e Carlos Núñez.

Te puede interesar