A Xunta otorga luz verde ó Plan Urbanístico para Arnoia

A Xunta, a través da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, emitiu o informe favorable a aprobación definitiva do Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Arnoia. As modificacións incorporadas polo Concello, a petición da Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, están relacionadas coa delimitación do solo urbano e o solo urbanizable; así como a denominación do núcleo rural como 'solo rústico especialmente protexido de augas'.
En relación co solo urbano, o Concello incorporou as 30 novas vivendas de protección pública, promovidas polo Instituto Galego de Vivenda e Solo no ámbito residencial 'Vila Termal'. No caso do complexo 'Monte dos Chaos', permítese un crecemento proporcionado que dea resposta á demanda real hoteleira e de servizos ao turismo, suxeitos a unhas condicións de forma e de implantación (como a altura máxima dun baixo e unha planta).

Por outra banda, a delimitación do solo urbanizable industrial comprende unha variación de dúas hectáreas na zona que delimita co Concello da Porqueira. Esta variación está motivada pola necesidade de posibilitar o desenvolvemento de actividades empresariais no Concello. Outro dos cambios atinxe aos núcleos rurais, xa que a nova área a delimitar sitúase ao sur do núcleo de Outeiro- Cruz e afecta a zona do curso fluvial, polo que require unha nova protección. Neste caso, considerase un núcleo de solo rústico especialmente protexido de augas, porque afectaba á zona de policía do curso fluvial, segundo informan os responsabeis da Xunta.

Te puede interesar