Propietario da editorial Duen de Bux

ALFONSO PRADA: 'Se só nos dedicamos a mirar para a crise e lamentarnos, non imos adiantar'

O editor Alfonso Prada (Foto: MARTIÑO PINAL)
Dono dos libros é o que detrás do xogo de palabras significa 'Duen de bux'. Alfonso Prada é quen manexa os fíos da editorial cunha marcada personalidade no mundo literario ourensán.
En que proxectos traballan?
Estamos preparando a presentación (será hoxe as 10:00 na Sala de Graos do Edificio de Ferro no Campus de Ourense) dunha obra dirixida por María Victoria Carballo Calero e Jorge Varela Barrio no que a ilustración gráfica en Galicia dende 1880 a 1936. É unha publicación interesante porque supón un achegamento global a esta fenómeno cun tratamento moi atractivo e un soporte merecido polo contido. Na presentación imos contar coa presencia de Andrés Trapiello e Juan Manuel Bonet, dous nomes con autoridade na materia. Isto é o máis inmediato, pero en elaboración temos máis proxectos.

Hai editoriais que fan tiradas enormes e iso tamén ten a súa explicación. Nós tratamos dende o principio amarrarnos á calidade, que se nos identificara cun traballo que procura estar ben acabado. A crise é xa case un tópico, pero é o que hai, estamos nela. Se somos realistas, hai que tomar posicións, pero no noso caso o que fixemos foi ralentizar a producción das coleccións literarias que ían sin patrocinio e supoñían un risco maior. Optamos por atender outras cousas máis eficaces no mercado. Hai que seguir, atender unha producción atractiva, hai que estar aí. Temos que ser realistas e dar un paso atrás nalgunha actividade, pero se é para seguir ofrecendo o que agardan de nós, aí estamos. A crise é está aí e se sinxelamente nos dedicamos a mirar para ela e lamentarnos, non se adianta.

A súa editorial caracterízase tamén por unha especialización dos contidos.
Falaba de que agora frenamos un pouco nas coleccións literarias, porque tamén non eran o noso primeiro obxectivo. De feito comezamos traballando con temas de Historia ou Arte. Cando despois dalgúns anos nos decidimos a abrir esa liña editorial fixémolo sen redes, sen patrocinio, cun criterio moi satisfactorio para os que estamos detrás. É algo que sempre funcionou ben, pero hai que ter os pés na terra e saber que hai cousas que terán mellor momento.

A reedición tamén é unha vía?
Tanto a dos nosos textos como a doutros vellos que recuperamos. Pensamos que así como hai que introducir volumes novos, tamén hai outros que recuperar porque seguen tendo demanda.

Máis alá da ralentización obrigada, teñen que dicir non en moitas ocasións?
Moitas porque, por exemplo, para La Letrería, que é unha colección que dirixe José María Pérez, “Chesi”, chegan ducias de orixinais cada semana e non todo vale ós ollos de quen decide. A mairoía das veces hai que dicir que non. Con todo o respecto, porque poden ser válidos noutras editoriais. Non todo o que se rexeita é malo, nin moito menos.

Te puede interesar