Arranca o “Ciencia e Tecnoloxía en feminino”

Unha das actividades desenvolvidas no día de onte.
photo_camera Unha das actividades desenvolvidas no día de onte.

Onte arrancou a primeira xornada da IV edición do proxecto “Ciencia e Tecnoloxía en feminino” na Tecnópole. Esta iniciativa busca potenciar os estudos científicos entre as rapazas de secundaria. Dende onte e ata mañá, alumnado de entre 1º e 3º da ESO darase cita no Parque Tecnolóxico de Galicia. Onte participou nas actividades o CPR Plurilingüe Santo Ángel de Ourense, realizando diversas actividades impartidas pola directora da Domus-Museos Científicos Coruñeses, Patricia Barciela.

Ademais, Marta Otero, Doutora en Física que traballa como técnica de I+D no Laboratorio Oficial de Metroloxía de Galicia, situado na propia Tecnópole, animou ás rapazas a cursar carreiras STEM (siglas en inglés de Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñaría e Matemáticas), relatándolles a súa experiencia persoal e explicándolles as posibilidades de futuro que lles poden abrir estas disciplinas. Nos próximos días intervirán outras mulleres do ámbito da ciencia e da tecnoloxía como a enxeñeira de montes, Esther Merlo ou a enxeñeira de minas, Lucía Novelle.

Te puede interesar