Arrancan as obras no vial principal do Polígono

No día de onte comezaron as obras de mellora da rúa principal do Polígono de San Cibrao (rúa Ricardo Martín Esperanza), noticia moi esperada polos empresarios e traballadores deste espazo industrial, que sofren a diario as consecuencias do mal estado da vía. Estes traballos consistirán, fundamentalmente, na renovación do maltratado firme da calzada, e afecatará, os primeiros días, aos primeiros 500 metros do vial principal da principal área industrial de Galicia.

Deste xeito, a Deputación -propietaria da vía- continúa coa mellora desta estrada, como xa fixera no mes de febreiro, cando se reasfaltaron algunhas zonas neste mesmo vial entre a rúa 6 e a fin do parque empresarial. Con todo, houbo usuarios que se queixaron da escasa sinalización da obra, que fixo que moitos deles se atopasen con ela sen ser alertados previamente.

Te puede interesar