A Limia acolleu onte o primeiro acto da campaña do Congreso do PP

Baltar promete en Xinzo políticas frente ao paro

Antonio Pérez, Manuel Baltar y Susana Vázquez -en primera fila-, en la Casa de Cultura de Xinzo.
A Casa da Cultura de Xinzo de Limia acolleu onte o primeiro acto da campaña que Manuel Baltar desenvolverá nas principais vilas e cabeceiras de comarca da provincia de Ourense ao longo dun mes para explicar as liñas programática do seu proxecto para o novo PP de Ourense. Esta actividade forma parte da campaña electoral interna para presentar o programa da súa candidatura ao XVI Congreso do PP de Ourense, que se desenvolverá o vindeiro 16 de marzo. A prioridade céntrase nas políticas contra o desemprego e en facer un partido 'máis forte, máis popular e máis ourensán'.
As liñas do programa estrutúranse en cinco apartados: cidadán, participación, organización, novos órganos e estratexia. Inclúen iniciativas como a creación das ponencias permanentes de participación popular, cunha específica de xeración de emprego; o nomeamento dun responsable de participación cidadá, interactividade e transparencia ou a posta en funcionamento na sede provincial do Servizo de Atención ao Cidadán.

Asemade, destaca do programa a apertura de 10 novas sedes na provincia de Ourense, unha nova sede provincial e a apertura dunha sede do partido no barrio de A Ponte, así como a reorganización das xuntas locais e unha nova organización na cidade de Ourense, e a posta en marcha dos comités parroquiais. O próximo acto está previsto para o 19 de febreiro, en Verín.

Te puede interesar