Barbadás dá validez ao censo máis elevado da súa historia
Con 11.171 habitantes, consolídanse como a cuarta vila da provincia e recupera a tendencia á alza
Barbadás celebrou onte o pleno ordinario do mes de xaneiro no que se aprobou a revisión da poboación residente a 1 de xaneiro de 2023, que ascende a 11.171 habitantes, o que supón a cifra máis alta dende que se rexistran datos no Instituto Nacional de Estatística (INE). O concello rompeu así o seu teito poboacional e “demostra que as políticas sociais, de conciliación, deportivas e culturais son claves á hora de fixar poboación e mesmo ampliala de xeito significativo, como é o caso”, afirmou o alcalde, Xosé Carlos Valcárcel.
Segundo os datos de INE, foi no 2019 cando Barbadás superou por primeira vez a barreira dos 11.000 habitantes e o concello volveu a experimentar durante o 2023 un destacado crecemento despois de que se ralentizara durante a pandemia. Con respecto ao 2022, a cifra de residentes no concello aumentou en máis dun cento. En comparación con hai unha década, o municipio limítrofe da cidade gañou un milleiro de habitantes.
Deste xeito, Barbadás consolídase como a cuarta vila (despois do Carballiño, Verín e O Barco) en poboación e xunto co Carballiño, aínda que en menor aumento, é a única que gaña habitantes. Tamén pode presumir Barbadás de ser dos poucos concellos de Galicia que suma poboación e que rompe a tendencia de perda de habitantes que tanto preocupa nos concellos do interior.
O alcalde, Xosé Carlos Valcárcel, asegurou no pleno que os datos confirman o crecemento do municipio ao longo do tempo, consolidándose como a cuarta vila da provincia e con “afán de seguir medrando”. O rexedor afirmou na sesión plenaria que “Barbadás medra pola calidade dos servizos que se ofrecen e polo traballo que se fai no ámbito cultural, do deporte e da conciliación, ademais de pola atención á mocidade e aos nosos maiores”. Valcárcel anunciou na sesión plenaria que esta seguirá sendo a senda pola que transite o goberno que preside: “un crecemento que contemple a humanización do concello”.
O pleno censura o uso das redes sociais municipais
O pleno aprobou a moción presentada polo BNG relativa á “utilización partidista” das redes sociais do Concello por parte do grupo de goberno do PSOE e DO.
Ademais, tamén saíu adiante, por unanimidade, a moción presentada polo Partido Galego, que reclamaba actuacións nas deficiencias do abastecemento, saneamento de augas e limpeza de cunetas. O concelleiro do PG, Ramón Padrón, incidiu na problemática e instou ao goberno local a “actuar de maneira urxente” na solución a estes problemas. Victoria Morenza anunciou, en resposta a Padrón, que se van financiar con fondos do Plan único da Deputación tres proxectos vinculados a saneamento e pluviais, dous deles nas Lamas e outro na rúa do Viso da Valenzá.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
PARRILLADA, CAFETERÍA Y ALOJAMIENTO
Hotel Termas Camino Real, reabre este clásico de Untes de la mano del colombiano Pedro Antonio López
SUELO RESIDENCIAL DISPONIBLE
La provincia de Ourense dispone de suelo para levantar 44.000 viviendas
IMPAGOS EN EL ALQUILER
La morosidad en el alquiler en Ourense llega a 4.200 euros de media
Lo último
QUEN CHO DIXO
¿Sabe usted que O Barco alzó la voz en el TSXG?
MISA CON OBISPO DON LEONARDO
Galería | Los 120 jóvenes de la Diócesis de Ourense celebran una misa en Madrid antes de ver al papa