ELECCIONES MUNICIPALES

O BNG insta a Ciudadanos a "non apoiar a Baltar na Deputación"

A formación nacionalista quere rematar cos máis de trinta anos de "caciquismo" e "clientelismo" para abrir unha porta ao futuro e a esperanza

O BNG fai un chamamento ás forzas políticas representadas na Deputación Provincial a non apoiar a investidura de Baltar. 

"Á hora de pactar na Deputación non é tanto con quen se pacte se non para que" afirmou o Secretario de Organización de Ciudadanos a nivel galego, Laureano Bermejo. Estas declaracións foron tomadas en consideración pola organización nacionalista, tamén con representación na Deputación e, segundo fontes do BNG, “denotan un gran descoñecemento do que significa o Baltarismo na provincia de Ourense.

Para o BNG, "resultan preocupantes estas declaracións" e instan á formación laranxa a non apoiar o caciquismo e clientelismo de Baltar. Fan un chamamento a Ciudadanos para que demostren “non ser a marca branca do Partido Popular” e a muleta de apoio da formación encabezada por Baltar en Ourense.

Te puede interesar