CIDADE

Brigadas de tres áreas municipais traballan na mellora do paseo termal

photo_camera O alcalde visitou este xoves, xunto con José Araújo e Isabel Castelo, as obras de mellora do paseo termal. (MIGUEL ÁNGEL)

Os traballos incluén tamen reparación de pezas de mobiliario urbano, varandas, alcorques e xogos infantís

O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, o concelleiro de Infraestruturas e Medio Ambiente, José Araújo e a concelleira de Termalismo, Isabel Castelo visitaron esta mañá os traballos de mellora do paseo termal da marxe dereita do río Miño, que está a executar o Concello.

Os traballos inclúen labores de mantemento e reparación do paseo, desbroces, limpeza de luminarias, reparación de pezas de mobiliario urbano, varandas, alcorques e xogos infantís.

A visita desta mañá realizouse a unha zona especialmente precisada de intervención, a denominada “área 4”, zona de xogos infantís situada na marxe do río, e ás Termas do Muiño, que se atopan neste paseo.

A actuación neste espazo de lecer consiste na reparación de mobiliario, xogos, varandas e iluminación. Os traballos, que durante estes días se desenvolven na populamente coñecida como “pista vermella”, continuarán nos vindeiros días ao longo de todo o paseo do río.

Te puede interesar