Case 400 participantes na Carreira pola Igualdade de Barbadás

Corredores de todas as idades participaron na carreira pola igualdade.
photo_camera Corredores de todas as idades participaron na carreira pola igualdade.

A primeira edición da Carreira pola Igualdade de Barbadás contou cun total de 366 participantes. A proba iniciouse a partir das 11,00 horas e pretendía ser o prato forte das actividades organizadas baixo a estela do 8M. Precisamente, o percorrido tiña como obxectivo reivindicar a igualdade e contribuír a axudar ás persoas máis necesitadas. O diñeiro da recadación das inscricións doarase ao Banco de Alimentos. 

O encargado de iniciar a carreira foi Fernando González. Veciño de Barbadás diagnosticado cun mieloma múltiple e que protagoniza unha gran historia de superación, abriu a ruta que comezou dende o polideportivo, continuou pola avenida de Celanova e rematou no Parque da Liberdade. Un percorrido que sumou un total de 4 quilómetros de distancia. Na proba participaron persoas de todas as idades e o percorrido realizouse correndo, andando en cadeira de rodas, bicicleta, patíns ou patinetes.  Pola tarde, a xornada pechou cun concerto de Carolina Rubirosa.

Te puede interesar