Collarte é o novo responsable dos nacionalistas do Ribeiro

O portavoz do grupo municipal do BNG de Ribadavia, Anxo Collarte, é o novo responsable comarcal da formación no Ribeiro. O rexidor de Castrelo de Miño, Xurxo Rodríguez Méndez, esgotou dous ciclos como máximo responsable da organización entre os anos 2006 e 2012, deixando paso a unha nova executiva da que el mesmo forma parte. A asamblea votou a única lista presentada, que recibiu 31 votos a favor e unha abstención dos militantes presentes.
O consello incorpora como vicerresponsable a Xosefina Álvarez; secretario Luís Pérez; vicesecretaria Iolanda Rodríguez; organización Henrique Álvarez; finanzas Almudena Valiñas; municipal Xabier Carreira; novas tecnoloxías Xurxo Rodríguez; muller e acción social: Andrea Ayala; medios básicos de organización Francisco Alonso; agro e desenvolvemento Cristalina Álvarez; cultura Emilio Cuíñas e formación Xosé Manuel González Vilas.

Te puede interesar