CONCELLO - ANIMAIS

O Concello creará unha rede de parques caninos en toda a cidade

Ata 16 zonas da cidade poderían ter nun futuro un parque habilitado para os animais

O Concello de Ourense instalará máis parques caninos na cidade. Sabedores da demanda social deste tipo de instalacións polos propietarios e propietarias das mascotas para que éstas poidan xogar e socializar dun xeito seguro e sen causar molestia, a concellería de Medio Ambiente e Infraestruturas decidiu habilitar unha rede de parques para os animais. 

Despois dos estudos feitos polos técnicos xurdiron 16 posibles zonas de toda a cidade susceptibles de albergar este tipo de parques. A primeira escollida foi o parque de Santa Teresita, ubicado no barrio de A Ponte. O orzamento para esta obra é de 19.177 euros 

Outras zonas que poderán acoller nun futuro este tipo de instalacións son o parque de O Polvorín ou o parque que está detrás da actual estación de autobuses. 

Tamén anunciaron que se acometerán melloras nos que existen actualmente. 

Te puede interesar