JUNTA DE GOBIERNO

O goberno da cidade actualizará os tributos no primeiro semestre de 2016

A falta de tempo impide cambiar este ano as ordenanzas fiscais, que nalgúns casos terán subas por estar "obsoletas"

O ano 2016 chegará á cidade sin actualización (ampliación do IPC) nin incremento dos impostos e tasas municipais, pero as ordenanzas fiscais que as regulan si serán examinadas e evaluadas, con toda probabilidade á alza, no primeiro semestre do vindeiro ano. O goberno local, que onte aprobou en xunta de goberno -de forma extraordinaria- o plan económico-financieiro que a oposición lle rexeitou o venres, levará a aprobación as ordenanzas fiscais tal e como están vixentes actualmente pero a concelleira de Facenda, Ana Morenza, precisou onte que haberá actualización de moitos tributos e incremento dos que se consideren "obsoletos", aínda que sin detallar.

Ocurre que xa non hai tempo agora, en novembro, para prantexar unha modificación que permita que entren en vigor o 1 de xaneiro. Fai falla unha exposición pública dun mes e o tempo apremia. Por iso, Morenza sinalou que impostos e tasas entrarán en xaneiro de 2016 tal e como están neste momento, pero aplicación do IPC e suba se producirán no primeiro semestre do ano, previo estudio de cada ordenanza. Ao estar o goberno en minoría tamén será preciso contar co apoio da oposición, un labor que se amosa difícil. En calqueira caso, a concelleira entende que a modificación é necesaria, especialmente nos tributos que considera "obsoletos".

Deste xeito, as tasas municipais e as tarifas dos servicios públicos que dependen do Concello de Ourense serán inicialmente como as de 2015. A finais do ano pasado, o entón goberno socialista acordou, a finais de mandato, conxelar os impostos, sin aplicar o IPC nin suba algunha. Por iso, de momento seguirán os mesmos precios para as tasas de auga, basura, depuración, grúa, ORA o u transporte urbano. E tampouco haberá modificación ata mediados de ano nas tarifas dos taxistas. Serán, pois, pero só de momento as arcas municipais as que se fagan cargo das subas que se poidan producir nos costes das diferentes concesións que ten o Concello de Ourense e que repercuten no bolsillo do cidadán. É o caso, por exemplo, do recibo da basura, que se mantén de momento invariable pese á tasa que hai que pagar a Sogama, como xa se fixo este ano. A partires de xuño, xa se verá.

Ao mesmo tempo, Morenza destacou que o goberno local iniciou xa o traballo de elaboración dos presupostos de 2016, no que é clave a aprobación do plan de onte, que previsiblemente terán os mesmos pasos que ese edocumento; se son rexeitados en pleno pola oposición, o goberno poderá aprobalos nunha xunta de goberno de xeito extraordinario.

Te puede interesar