Concurso de fotografía na celebración da Festa da Mimosa

O Casino do Carballiño convoca o III Concurso fotográfico Festa da Mimosa 2013, que terá como tema principal a primavera en dúas vertentes: a natureza na primavera e a vila do Carballiño e as súas xentes na chegada desta época do ano. A data límite para presenta-las fotografías ó concurso será o día 6 de abril, ás 14,00 horas, na conserxería do Casino ou na oficina do segundo piso e nos horarios de atención ó público.*
Haberá un primeiro premio que será unha pintura valorada en 250 euros da colección de Estraz@rtes e un ano gratis como socio do Casino. O segundo premio é un ano gratis como socio e o terceiro seis meses.

O fallo farase público o 7 de abril durante as actividades a celebrar pola tarde no salón de actos con motivo da Festa da Mimosa.

Te puede interesar