OBRAS DE ACONDICIONAMENTO

Contrarreloxo para arreglar as ribeiras do Miño antes de Semana Santa

Outariz. 16-03-2016. Restauración del cauce del río tras las crecidas. Paz
photo_camera De esquerda a dereita: un operario dos traballos de acondicionamento, Pepe Araújo, Francisco Marín, Jesús Vázquez e Pablo Pérez. (JOSÉ PAZ)

Os traballos de reparación das consecuencias do temporal esténdense por toda a marxe dereita do río, dende A Chavasqueira ata Outariz

Concello de Ourense, Deputación Provincial e Confederación Hidrográfica Miño-Sil (CHMS) visitaron esta mañá as obras de acondicionamento da ribeira Termal logo de que a suba do nivel do río Miño anegase e obrigase a pechar a zona. O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, destacou a boa sintonía e “cooperación institucional coa Confederación Hidrográfica e coa Deputación para que esta zona de referencia para o lecer acade as mellores condicións posibles, tendo en conta que se trata dun dos nosos grandes atractivos turísticos de cara á campaña da Semana Santa”.

A colaboración da Confederación Hidrográfica céntrase na canle e nas marxes do río, mentres que a cooperación coa Deputación Provincial fíxase nos arranxos dos camiños de sábrego de toda a ribeira do Miño, comezando pola zona termal dado o seu interese turístico nestas datas. Na opinión de Francisco Marín, presidente da CHMS, “trabállase a petición doutras administracións para minimizar os danos dos temporais de inverno, e haberá que esperar a que baixe o caudal do río para seguir traballando no reforzo dos muros das termas do Muíño da Veiga para que non se vexan afectadas polas crecidas”.

Nestes traballos, a Deputación achega a maquinaria, a man de obra e parte dos custes materiais, mentres que o Concello sufraga o resto. Segundo Pablo Pérez, deputado provincial, “é unha mostra máis de que a Deputación colabora con todos os Concellos sen excepción”.

Malia que o nivel do río Miño aínda continúa alto para poder acometer todas as obras necesarias, as boas condicións meteorolóxicas facilitaron o comezo dos traballos de mellora.

De Oira a Outariz

Os traballos de reparación esténdense por toda a marxe dereita do Miño. As primeiras actuacións conxuntas foron realizados na zona da Chavasqueira, e agora esas brigadas de Concello e Deputación xa se desprazaron até Oira. Na zona de Outariz, na que máis intensamente traballa a CHMS, realízanse traballos de limpeza e reparación de canle e de marxe, centrándose no arrastre de maleza e de árbores, “o que constitúe unha optimización dos recursos por parte das administracións públicas ao servizo dos cidadáns”, en palabras do rexedor ourensán.

Te puede interesar