Deputación e Universidade ensinan o Plan Leader en Leiro

Curso para xestores de desenvolvemento rural

O Hotel Monumento de San Clodio, en Leiro, acolle ata hoxe unhas xornadas centradas no programa de desenvolvemento rural Leader 2007-2013, organizadas pola Deputación Provincial de Ourense e a Universidade de Vigo. O obxectivo deste curso, ó que asisten unhas 60 persoas, é que aqueles promotores de proxectos de desenvolvemento teñan a posibilidade de coñecer en profundidade todo o proceso de solicitude de axudas dentro deste plan, que supón un investimento de 142,8 millóns de euros para Galicia.
Ó acto inaugural, no Salón Cisterciense do mosteiro, acudiron o alcalde de Leiro, Francisco José Fernández, e o presidente da Deputación, José Luis Baltar. O rexedor lembrou que preside o Grupo de desenvolvemento (GDR) do Carballiño e Ribeiro, no que participan os 19 concellos das dúas comarcas e máis dun cento de asociacións promotoras.

Fernández destacou que 'estamos convencidos das posibilidades das zonas rurais, que no noso caso posúen un gran potencial turístico e recursos nos sectores termal e vitivinícola'. Pola súa banda, Baltar animou 'ós axentes que elaboran os proxectos e determinan as prioridades a traballar polo desenrolo do rural, aproveitando esta oportunidade que brindamos dende a Deputación e a Universidade'.

A xornada de hoxe abrirase ás 9.45 horas cun taller para promotores, que correrá a cargo de Montserrat Rodríguez, del Servizo de Fomento do Emprego do organismo provincial. A continuación, celebrarase un foro de emprendedores, no que aprenderán cómo se tramita un proxecto do plan Leader dende a súa solicitude ata o cobro da subvención. O curso rematará cun debate entre representantes do Igape, Consellería de Traballo e da Axencia Galega de Desenvolvemento (Agader) encol das axudas públicas.

Te puede interesar