DEBATE ELECTORAL

Debate electoral de las cabeza de lista por el voto indeciso en Ourense

As cabeza de lista das candidaturas do Partido Popular, BNG e PSdeG, Elena Rivo, Noa Presas e Carmen Rodríguez Dacosta, respectivamente, debatiron en Telemiño sobre as propostas e proxectos dos seus partidos de cara as eleccións do vindeiro domingo

Na recta final da campaña electoral, Telemiño reuniu nun debate as cabezas de lista do Partido Popular, Elena Rivo, BNG, Noa Presas e  PSdeG, Carmen Rodríguez Dacosta para poder confrontar os seus proxectos e programas políticos e que os ourensáns teñan unha idea clara á hora de votar o vindeiro domingo 18 de febreiro. Moderado pola xornalista Laura Vázquez, as tres mulleres que encabezan as listas electorais dos tres partidos que actualmente teñen representación pola provincia, tiveron un primeiro minuto para presentarse e presentar as liñas xerais dos seus programas.

A candidata do PP, actual conselleira de Emprego en funcións, recalcou que “o PP leva traballando por esta provincia dende o ano 2009 con proxectos como a ampliación do complexo hospitalario, o centro de FP, a mellora dos centros educativos ou o novo edificio xudicial. Poñendo ás persoas no centro das políticas, con servizos para os maiores, traballando  pola cultura con proxectos como a rehabilitación da Catedral. O Ourense que desfrutamos é un Ourense que fixemos entre todos e a nosa intención é ir a máis con proxectos como o novo centro de Ciberseguridade ou o centro de saúde de Mariñamansa”.

Pola súa banda, a número un da candidatatura do BNG pola provincia, Noa Presas indicou que “estas eleccións son unha oportunidade histórica para Galiza e para Ourense. Temos recursos, temos talento e temos un potencial enorme. No BNG temos un proxecto de país para impulsar ese potencial e un plan específico para Ourense, o ”Ourense vivo” para relanzar eses servizos públicos e  ese desenvolvemente económico. O futuro ímolo facer entre todos e todas  o vindeiro domingo. Non temos que conformarnos como están as cousas, podemos facelas como nós queremos”.

As candidatas do BNG, PP e PSdeG, posan antes do inicio do debate en Telemiño.
As candidatas do BNG, PP e PSdeG, posan antes do inicio do debate en Telemiño.

A candidata do PSdeG, Carmen Rodríguez Dacosta incidiu en que “é a hora do cambio, catro anos máis do Partido Popular serían nefastos para nosa provincia, polo desinterese e o abandono co que o Goberno da Xunta de Feijóo primeiro,  e Rueda despois, tratou a Ourense e que nos levou a ocupar os últimos postos en todos os indicadores de benestar. Non se recorda ningún proxecto do PP que valga para o futuro da provincia”.

 O debate estructurouse en tres bloques. O primeiro deles tiña que ver coa situación económica e de emprego en Galicia e Ourense. As tres candidatas tiveron que dar as súa propostas para dar resposta á falta de man de obra cualificada, unha cuestión plantexada por Laura Vázquez. 

Propostas económicas

A candidata do Partido Popular, Elena Rivo, incidiu en que “dende que entrei no goberno galego escoitei ós autónomos en moitas ocasións, no Goberno da Xunta temos o programa ”retorna cualifica” para todos aqueles que marcharon no seu día e queiran volver a Galicia,  tamén temos programas para que haxa colaboración entre o mercado laboral e as universidades e na FP a inserción laboral  é do cen por cen”. Máis crítica foi a candidata do BNG, Noa Presas, que indicou que “falta man de obra porque falta xente e falta xente porque nestes anos acabaron co texido industrial de Ourense. Eu teño 36 anos e as políticas do Partido Popular expulsaron a miña xeración, perdimos 25.000 personas menores de 30 anos. Temos que reindustrilizar, propoñemos unha mesa pola industria para crear chan industrial. Temos que apostar polos polígonos actuais e potenciar os novos como o de Verín, temos que aproveitar a nosa cercanía a Portugal, a Vigo ou a meseta”. 

Pola súa banda, a candidata socialista Carmen Rodríguez Dacosta mostrou o seu desacordo coa candidata do PP recalcando que “o Goberno  galego deixou de executar más de 2.000 millóns de euros dos seis mil que tiña asignados por fondos europeos e por fondos do Estado dende o ano 2009. Falta diagnosis do mercado laboral, faltan políticas de formación adecuadas ó mercado laboral. Nós temos un plan de emprego como unha das liñas principais do noso programa electoral abordando o reto dixital ou a transición ecolóxica e climática”.

Elena Rivo acusou as representantes do BNG e PSdeG de pintar un panorama que non se corresponde coa realidade, “a tasa de paro en Galicia é unha das máis baixas de España e por debaixo da media nacional”. A representante do Partido Popular tamén alabou “o sistema universitario galego en especial ó campus de Ourense, con máis de 5.000 alumnos na actualidade”. 

A candidata do BNG afeou a Rivo a falla de proxectos europeos específicos para a provincia nestes últimos anos, “se baixa o paro aquí é porque perdemos población en idade activa, nós queremos reindustrilizar e facer unha política de discriminación positiva co campus de Ourense, con máis titulacións e máis servizos e destinar o 1,5% do PIB o sistema universitario. No caso do termalismo, temos hoxe menos que fai dez anos, nós daremos un impulso a ese termalismo olvidado. E no caso do sector agrogandeiro apostaremos por una lei do viño e por garantizar prezos xustos con contratos homologados”.

Pola súa banda, a candidata do PSdeG, Carmen Rodríguez indicou que “crearemos unha axencia  galega de ocupación, fomentaremos a FP Dúal e tamén loitaremos polo crecemento dos autónomos, que están pechando case un comercio diario na provincia de Ourense. No caso do campo, temos moitas potencialidades que temos que garantir que se vaian a convertir nun turismo de calidade”.

 As políticas de igualdade tamén motivaron algún enfrentamento entre as tres candidatas. Elena Rivo abogou pola “creación de centros de información á muller móviles que cheguen a todos os rincóns de Galicia e dar apoio ás empresas de inserción laboral para que as mulleres se incorporen o mercado de traballo”. Noa Presas puso en cuestión a idea da Xunta de crear unidades móviles contra á violencia de xénero e pediu que “as personas do rural teñan os mesmos servizos que os das cidade”. A candidata socialista Carmen Rodríguez indicou que “o partido socialista porá en marcha políticas para as mulleres do rural. Serán o centro das nosas políticas”.

Infraestruturas, Sanidade e modelo termal enfrentan as candidatas ourensáns

As infraestruturas viarias e ferroviarias centraron a segunda parte do debate electoral entre as números un das candidaturas do PP, BNG e PSdeG. A candidata nacionalista, Noa Presas, incidiu en que “nós temos un proxecto vertebrador para Ourense, camiñaremos en dous sentidos, por unha banda negociaremos co Estado para que se reparen os viales como a A-52 ou a N-120 que están nun estado lamentable e por outro, a Xunta debe apostar por viales como a estrada que une A Rúa con A Gudiña ou a continuación da autovía a Celanova ata Portugal. Tamén apostaremos por uns servizos ferroviarios de proximidade que falicite a vida á xente”.

Debate elecciones autonómicas en Telemiño con Noa Presas,Elena Rivo y Carmen Rodríguez Dacosta

Fotos Martiño Pinal

Pola súa banda, Carmen Rodríguez Dacosta, incidiu en que “nas enmendas presentadas os orzamentos apostamos polo transporte metropolitano e o PP votou en contra. As grandes infraestructuras chegaron a Ourense da man do partido socialista, apostamos polo AVE e pola variante exterior e tamén pola ampliación da autovía a Celanova ata a fronteira portuguesa”. A candidata do Partido Popular, Elena Rivo, recalcou que “se están a facer estacións de AVE en toda Galicia menos en Ourense, están olvidadas as autovías a Ponferrada ou a Lugo, a mí me gustaría que protestasen vostedes en Madrid para ter máis recursos”.

Sanidade

A primeira candidata en falar de Sanidade foi a nacionalista Noa Presas, “é a segunda preocupación dos galegos, nestes anos o Partido Popular recortou máis de dous mil millóns de euros en atención primaria e non hai relevo xeracional, por iso hai tantas protestas. Dende o BNG temos un compromiso coa Sanidade, sobre todo, urxe a contratación de máis personal e profesionais, un plan de choque de 200 millóns e euros para atención primaria e unha política laboral que salga da precariedade e oferte contratos de máis anos e a formación médica”.

No caso da Sanidade, Carmen Rodríguez Dacosta tamén arremeteu contra os recortes que según a súa opinión, levou a cabo o Partido Popular, “temos problemas en todas as áreas sanitarias da provincia, falla de especialistas e de médicos de atención primaria, nós faremos un plan de choque para a atención primaria e loitaremos por acabar coa precariedade laboral”.

A cabeza de lista do Partido Popular, Elena Rivo, incidiu en que “temos demandado ó Goberno central que se creen as catro mil prazas mir para poder ter máis médicos, agora se invirte en Galicia 1.300 millóns de euros máis que na época do bipartito, hai que destacar a ampliación do CHUO e a modernización tecnolóxica que se está a levar a cabo nos últimos anos con novos equipos que repercuten directamente na xente o millorar os diagnósticos”.

 O modelo de provincia que queremos, abordando cuestións como o termalismo ou a vivenda social, centrou outra das partes do debate entre las candidatas de PP, BNG e PSdeG. A candidata socialista Carmen Rodríguez Dacosta incidiu en que “aprobaron unha lei de aproveitamento de augas termais de espaldas a Ourense e en contra dos seus intereses e nós modificaremos esa lei, apostamos polo plan estratéxico termal para o desenrolo deste sector, ata o de agora, olvidado pola Xunta”.

A candidata do Partido Popular, Elena Rivo, recalcou “apostamos pola xente nova, apostamos polo rural, tratamos de atraer a mozos e mozas que queiran emprender no rural con programas de acompañamento para que poidan desenrolar aquí o seu proxecto de vida”.

Pola súa banda, Noa Presas incidiu en que “temos un proxecto para que a vivenda sexa un dereito e non un privilexio incorporando vivendas valeiras para alugueiro, temos agora menos termalismo que fai catorce anos, temos que relanzar as termas e garantir o termalismo coma un ben público. E falando de enerxía, nos impulsaremos unha empresa pública de enerxía e demandaremos o Estado unha tarifa eléctrica galega”.

Minuto de ouro

A candidata do PSdeG pola provincia de Ourense, Carmen Rodríguez Dacosta foi a primeira en intervir no minuto de ouro, “queremos un Ourense que avance en dereitos, en protección dos servizos públicos, en protección social, que os médicos te atendan a tempo, que a dependencia chegue a tempo. Só necesitamos que haxa xextión e Besteiro é unha garantía. Aposten por un candidato seguro é un proxecto solvente”.

Carmen Rodríguez Dacosta
Fotos Martiño Pinal
Carmen Rodríguez Dacosta Fotos Martiño Pinal

Noa Presas, candidata do BNG, incidiu en que “estas son as eleccións máis abertas dos últimos anos e só hai dúas opcións, ou a continuidade do PP ou un Goberno con Ana Pontón coma presidenta, temos nas máns facer algo diferente e a oportunidade de acabar coa discriminación. Somos una formación política solvente, con historia, con traxectoria e non lle imos fallar a este país. Se nos dan a oportunidade haberá cambio e Ourense terá o lugar que merece”.

Noa Presas

Fotos Martiño Pinal
Noa Presas Fotos Martiño Pinal

A candidata do Partido Popular, Elena Rivo, foi a encargada de pechar o debate electoral organizado por Telemiño nestas eleccións autonómicas, “se hai unha persoa seria, honesta, traballadora e cumplidora, ese é o noso presidente Alfonso Rueda, e se hai unha administración que inviste en Ourense, esa é a Xunta de Galicia, as alternativas o vindeiro día 18 son claras, ou un goberno estable do Partido Popular ou unha réplica do caos de Sánchez. Frente a Galicia negra do BNG está a Galicia emprendedorea e xeradora de riqueza e nós seguiremos a traballar para que Galicia sexa o mellor lugar onde emprender e vivir. Somos a Galicia que funciona”.

Elena Rivo

Fotos Martiño Pinal
Elena Rivo Fotos Martiño Pinal

Te puede interesar