TÚ PREGUNTAS, ELLAS TE RESPONDEN

Elecciones gallegas 18F | Tú preguntas, Carmen Dacosta (PSOE) te responde

El equipo de digital de La Región recopiló y seleccionó las preguntas que los lectores enviaron durante la primera semana de campaña electoral. Carmen Rodríguez Dacosta, cabeza de lista del Partido Socialista Obrero Español (PSOE) por Ourense a las elecciones gallegas del 18F, responde a esas preguntas

La cabeza de lista del PSOE por Ourense a las elecciones gallegas del 18F por el PSOE, Carmen Rodríguez Dacosta, responde a las preguntas que los lectores de La Región han enviado. Sanidad, Educación o Transportes son algunos de los temas que más preocupan a los vecinos de Ourense.

¿Qué es lo que de verdad prometen para Galicia y para Ourense, en las próximas elecciones, y que sanción se pondrían si no lo cumplen? - Ángel López

Prometemos mellor a Sanidade pública, que está desmantelada polo Partido Popular e, se non o conseguimos, serán os propios cidadáns dentro de catro anos os que nos sancionarán eles mesmo.

SANIDAD

¿Por qué no hay especialistas en el Hospital de O Barco y nos hacen ir a 115 km a que nos consulte? Tengo un autobús para ir y otro para volver si salgo a tiempo de la consulta sino taxi para volver,  ¿quién me lo paga? - Lourdes Fernández

Levamos anos uníndonos ás manifestacións e concentracións do Hospital de Valdeorras polo desmatelamento de especialistas que está sufrindo ese centro hospitalario. O Partido Popular quere convertilo nun centro de saúde en lugar dun hospital. Os socialistas, con José Ramón Gómez Besteiro á cabeza, romperemos con esa situación para dotar de especialistas ao Hospital Comarcal de Valdeorras e que os cidadáns da comarca de Valdeorras non teñan que pagar taxis e transporte para vir e ir, por todo o perxuicio que lles ocasiona.

EDUCACIÓN

O desmantelamento da educación pública galega é un feito. Como se vai tratar o peche de ciclos formativos en modalidade ordinaria, substituidos por modalidade a distancia ou dual? 

Iste feito o único que consegue é fomentar a formación privada de ciclos formativos, xa que a falla de oferta educativa pública, fomenta a migración a cetros privados. 

Ademáis a oferta a distancia está dirixida a un perfil de alumnado moi específico, quedando a meirande parte do alumnado sen opcións de poder estudar o que queren e onde queren no tecido público galego. - Álvaro Selas

Os socialistas e as socialistas apostamos por unha educación pública de calidade.  No eido da formación profesional apostamos por unha formación dual, pola que está apostando xa o goberno do Estado, con José Ramón Gómez Besteiro faremos o propio, faremos unha formación pública da formación profesional dual.

Recentemente comezou a funcionar en Galicia a primeira universidade privada, que está a duplicar títulos xa existentes nas universidades galegas, e máis aínda no campus de Ourense que sempre é o grande prexudicado. No caso de gobernar, que medidas adoptarán para impedir que se dupliquen máis titulacións das que se ofrecen no noso campus ourensán? - Alicia Riveiro

No programa de José Ramón Gómez Besteiro queda ben clara a nosa aposta pola universidade pública. Non cremos en universidades privadas, cremos no acceso dos mozos e mozas á universidade pública e así consta no programa electoral do PSOE, con matrículas gratuítas desde o comezo ata o final do ciclo formativo, incluído o máster universitario.

DINAMIZACIÓN DO RURAL

Estamos fartos de escoitar como o rural se vai vaciando mentres desde as institucións non se fai nada. A min, que teletraballo, gustaríame vivir na miña aldea, pero non hai cobertura para conectarme e o centro de saúde non ten pediatra para levar a miña filla, son algunhas das trabas que atopo. Que propón para que a mocidade voltemos ao rural e poidamos vivir dignamente? - Xiana Rivas

O rural necesita un reequilibrio territorial xa, unha inversión, orzamentos. Necesita infraestruturas, conexión e banda ancha. Precisa médicos e pediatras, para que a nosa mocidade se quede no rural ou mesmamente decida trasladarse alí. Ese despoboamento do rural é premeditado por parte do Partido Popular. Xa fai anos que leva desmantelando todos os servizos públicos, tanto colexios como servizos médicos e sanitarios. Ademais non inviste salvo en aldeas modelo.

Nós garantimos, con José Ramón Gómez Besteiro, unha inversión que sexa moito máis eficiente en infraestruturas, en servizos e en médicos e pediatras.

CULTURA

En los últimos años, sobre todo en la ciudad de Ourense, la cultura ha sido abandonada desde las instituciones ¿Qué proyecto cultural o qué medidas pueden implantar desde la Xunta para que Auria vuelva a ser la Atenas gallega? - Alba Mosquera

Para Feijóo primeiro, e para Rueda agora, só existe o Xacobeo. O nó turístico en Ourense está totalmente desmantelado. Os socialistas cremos que Ourense ten unha potencialidade cultural moi importante e imos todos os medios e recursos para que volva ser a Atenas de Galicia.

TERMALISMO

¿Qué plan tienen para ofrecer un turismo termal a los turistas que se adapte a la realidad de los anuncios que venden en las ferias de turismo? Las opciones termales en la ciudad de Ourense no es que sean inexistentes, que mejor sería, si no que están ahí pero quemadas, anegadas por el río, cerradas… ¿Cuál es su propuesta para aprovechar este activo único que tenemos en la ciudad? ¿Qué se puede hacer desde la Xunta? - Luis Montero

Levamos anos reclamando no Parlamento de Galicia un plan termal para a cidade de Ourense. O Partido Popular fixo todo o contrario. Unha lei de aproveitamento lúdico das audas termais, e non feita de espaldas á cidade, senón en contra da cidade. Nós teremos que mudar esa normativa e tamén elaborar ese plan estratéxico termal que tanto pediamos será elaborado, dunha vez por todas, por José Ramón Gómez Besteiro.

EMPLEO E INDUSTRIA

Soy ourensana y vivo en Madrid. Me resulta difícil imaginar la posibilidad de volver a Ourense porque las oportunidades laborales son escasas si las comparamos con A Coruña o Vigo, donde sí tendría trabajo en mi sector. ¿Cuál es su propuesta para potenciar la industria y generar así más puestos de trabajo? -  María Barreiro

Foron 2.000 millóns de euros os que deixaron sen executar Feijóo e Rueda en materia de políticas activas de emprego en Galicia. Con estes cartos poderíase ter realizado un plan de emprego, que non fixeron. Os mozos e mozas teñen que coller esa maleta que lles daba Feijóo para irse e buscar a oportunidade laboral fóra da nosa provincia e da nosa cidade. 

Cos socialistas faremos un plan de emprego contando co tecido empresarial, contando cos axentes sociais, con diálogo. Precisamos chan empresarial, precisamos unha formación adecuada ás necesidades do noso mercado, e así o faremos. Apostaremos por emprego en Ourense, porque se non o hai, non hai un posto na sociedade. Se non hai emprego, os mozos e mozas que fuxiron de Galicia, non van volver. Se non hai emprego, non hai as demais políticas.

PREGUNTA ESPECÍFICA A LA CANDIDATA DEL PSOE

Si el PSOE saca los mismos o peores resultados en la provincia de Ourense que en las últimas elecciones gallegas, ¿se decidirán a renovar el partido después de una década de moratoria? -  Pablo Gómez Dobarrio

Tanto na provincia como na cidade de Ourense, os socialistas e socialistas estamos facendo unha campaña moi ilusionante e transmitindo, aos veciños e veciñas de Ourense, a nosa mensaxe: ten que haber un cambio en Galicia liderado por José Ramón Gómez Besteiro. O voto ao partido socialista é o voto útil nestas eleccións porque sabemos xestionar, temos proxecto para Ourense e ímos desenrolalo. Non colle na nosa cabeza, polo tanto, que poida haber un resultado peor que noutras eleccións.

OURENSE, POR DELANTE

¿Cuál es su medida estrella para conseguir que Ourense siga siendo la tercera ciudad de Galicia? - Lucía Vispo

Non poderiamos resumir nunha soa proposta o que queremos os socialistas e as socialistas para Ourense. Temos moitas propostas que teñen que ver coa nosa cidade, co equilibrio territorial, porque hoxe hai dúas Galicias: a Galicia expansiva da costa atlántica, e a Galicia de interior, que está totalmente abandona polo Partido Popular. Por iso, abanderaremos unha serie de propostas firmes en materia de emprego, en materia de riqueza forestal, creando postos de traballo de calidade, coa transformación desa madeira que temos en Ourense. Tamén co termalismo como bandeira, pero cun termalismo de calidade que nos dea postos de traballo que sexan postos de calidade para que os mozos e mozas, veciños e veciñas de Ourense, teñan un proxecto de vida, onde tamén a vivenda é moi importante, así como a Sanidade pública.

Te puede interesar