TÚ PREGUNTAS, ELLAS TE RESPONDEN

Elecciones gallegas 18F | Tú preguntas, Elena Rivo (PP) te responde

El equipo de digital de La Región recopiló y seleccionó las preguntas que los lectores enviaron durante la primera semana de campaña electoral. Elena Rivo, cabeza de lista del Partido Popular (PP) por Ourense a las elecciones gallegas del 18F, responde a esas preguntas

La cabeza de lista del PP por Ourense a las elecciones gallegas del 18F, Elena Rivo, responde a las preguntas que los lectores de La Región han enviado. Sanidad, Educación o Transportes son algunos de los temas que más preocupan a los vecinos de Ourense.

¿Qué es lo que de verdad prometen para Galicia y para Ourense, en las próximas elecciones? - Ángel López

O noso proxecto de Goberno pensa nunha Galicia das persoas, que prospera e que quere sentar unhas bases sólidas para o futuro. Partimos dunha experiencia exitosa na xestión e dunha estabilidade que nos permitirá avanzar no benestar das familias, dos traballadores autónomos, das empresas, das mulleres, os mozos e as persoas maiores...

Estanos a propoñer medidas que mellorarán a vida dos galegos: taxas universitarias gratuítas, 8.000 novas vivendas públicas, centros móbiles de información á muller, reducir o imposto de sucesións... Temos 850 medidas que poderemos desenvolver unidos, sen ataduras nin hipotecas. 

En Ourense, seguiremos mellorando as infraestruturas sanitarias e os seus accesos. Imos promover a mobilidade sostible e a optimización da rede de estradas autonómicas ao seu paso pola cidade. Queremos integrar Ourense no sistema de transporte metropolitano da Xunta de Galicia, para unha mellor racionalización de horarios e descontos nas viaxes. 

Poñeremos en funcionamento a nova residencia para maiores nos terreos da antiga estación e un xulgado exclusivo de violencia sobre a muller. Apostaremos por seguir consolidando a nosa provincia como referente do termalismo. A Xunta é a Administración que máis inviste en Ourense. E nesa liña imos seguir, coa capacidade e a vontade férrea de atender as necesidades das ourensás e os ourensáns. Coa certeza de que se Ourense funciona, Galicia seguirá funcionando.

SANIDAD

¿Por qué no hay especialistas en el Hospital de O Barco y nos hacen ir a 115 km a que nos consulte?  - Lourdes Fernández

O pasado mes de xuño pechouse a convocatoria pioneira a nivel estatal de concurso de méritos, sen exame, para acceder prazas con carácter fixo no Servizo Galego de Saúde, delas 30 de especialista no Distrito Sanitario de Valdeorras. Esta convocatoria súmase a unha continuada oferta pública e facilidades de emprego no noso sistema sanitario, na procura de cubrir as prazas existentes. 

Hai que ter en conta que ás veces hai factores imprevisibles como as baixas laborais en especialidades carenciais no mercado laboral, que fan precisa unha reorganización. Os desprazamentos para algunhas intervencións ou consultas, nada habituais, non se poden confundir cos traslados derivados da necesaria atención no centro de referencia en Ourense para procesos complexos. 

Non hai que esquecer que o hospital de Valdeorras dispón na actualidade de servizos máiss propios dun hospital xeral de referencia de área, como Oncoloxía, que evita miles de desprazamentos habituais en comarcais do resto do Estado. 

DINAMIZACIÓN DO RURAL

Estamos fartos de escoitar como o rural se vai vaciando mentres desde as institucións non se fai nada. A min, que teletraballo, gustaríame vivir na miña aldea, pero non hai cobertura para conectarme e o centro de saúde non ten pediatra para levar a miña filla, son algunhas das trabas que atopo. Que propón para que a mocidade voltemos ao rural e poidamos vivir dignamente? - Xiana Rivas

Sabemos que para ter un rural vivo é necesario un rural con servizos. Por iso, durante os últimos anos o Goberno galego incrementou o número de servizos de conciliación naqueles concellos de menos de 5.000 habitantes para que as persoas que deciden vivir neles teñan máis facilidades para compatibilizar o ámbito familiar e laboral. 

Creamos máis dun cento de casas niño e 120 casas do maior, para que as familias conten con centros de atención diúrna gratuítos para nenos e maiores. Uns servizos que fomentaron ademais a creación de emprego nestes municipios e que supoñen un importante dinamizador nestes lugares.A Xunta foi pioneira, ademais, co Programa de Impostos cero no rural, para favorecer, entre outras medidas, a fixación de poboación nestas contornas.  

Coa Lei de recuperación da terra agraria de Galicia tamén se está a dinamizar o territorio e favorecer o seu crecemento demográfico. Queremos seguir a incorporar mozos ao rural e a proxectos agrarios, con axudas directas á formación e o emprego. Contarán co noso apoio. Apoios á vivenda para menores de 35 anos e para a rehabilitación son unha boa opción para instalarse nestes lugares. 

No ámbito sanitario, dentro das competencias que ten a Administración autonómica, Galicia aprobou un marco lexislativo para cubrir prazas de difícil cobertura no rural ou nos hospitais comarcais, un empeño que manteremos. 

A atención pediátrica está garantida en todos os concellos, teñan ou non un pediatra no cadro de persoal do seu centro. Porque ou ben hai pediatra que se despraza ao centro ou ben teñen asignado un pediatra nun centro dun concello da contorna.

O Goberno galego está a despregar polo territorio a Rede de polos de emprendemento e apoio ao emprego para dinamizar as economías locais e favorecer as iniciativas no rural. Levamos asesorados un milleiro de proxectos e seguiremos a crecer con 3 novos polos que se sumarán á rede de 12 coa que xa contamos e que se ubicarán en Baños de Molgas, Vilanova de Arousa e Sarria. Apostaremos por despregar tamén espazos de coliving. Queremos atraelos ás nosas contornas rurais e brindarlles todas as facilidades aos nómades dixitais: que se instalen de xeito temporal ou definitivo nos nosos pobos. 

Para facer todo isto temos como reto conectar o territorio coas redes de internet de banda larga é no proceso de transformación dixital. Neste contexto é esencial que o Estado, competente en materia de telecomunicacións, cumpra co seu compromiso de completar a dotación de internet de banda larga para toda a poboación.

TERMALISMO

¿Qué plan tienen para ofrecer un turismo termal a los turistas que se adapte a la realidad de los anuncios que venden en las ferias de turismo? - Luis Montero

A nosa Comunidade conta con 7 dos 8 tipos de augas medicinais que existen. Contamos con 21 balnearios e lidera a oferta de turismo de saíde de toda España con 3.000 prazas.  Temos as augas máis quentes de Europa en canto a temperatura máxima alcanzada. Somos unha das rexións xeotérmicas máis importantes de Europa. 

Seguiremos consolidando a provincia como un referente en termalismo con iniciativas para a súa posta en valor e dinamización e impulsando melloras nas instalacións dos espazos termais públicos.

Centrámonos en favorecer o turismo termal e poñelo en valor como elemento de desestacionalización e fortalecemento do turismo de interior. Nos últimos anos apostamos por visibilizar as vilas termais galegas e por manter a marca Q de Calidade Turística nos establecementos asociados ao termalismo. 

Vimos de crear un área propia dedicada ao termalismo, con sede en Ourense, que ten como principal obxectivo a proxección exterior de Galicia nesta materia. Queremos  fomentar a modernización de infraestruturas existentes e crear outras novas. Crearemos novos produtos que aporten valor diferencial á oferta talaso-termal en Galicia. Avogamos por diversificar o sector para atraer a novos segmentos de poboación; por promover a integración do termalismo galego en proxectos europeos ou a creación dunha marca propia que identifique o turismo termal galego. 

Neste 2024 o termalismo terá un peso importante na estratexia turística de Galicia. Grazas aos fondos Next Generation executaremos o Plan Territorial de Sostibilidade Turística en Destino sobre Vilas Termais e Cascos Históricos. 

EMPLEO E INDUSTRIA

Soy ourensana y vivo en Madrid. Me resulta difícil imaginar la posibilidad de volver a Ourense porque las oportunidades laborales son escasas si las comparamos con A Coruña o Vigo, donde sí tendría trabajo en mi sector. ¿Cuál es su propuesta para potenciar la industria y generar así más puestos de trabajo? - María Barreiro

Ourense é unha terra de oportunidades, nunca me cansarei de dicilo. O noso programa de Goberno quere poñer en valor todas as potencialidades que brinda para poder crecer e diversificar a súa economía. Contamos con instrumentos de moita utilidade, como a Oficina Económica de Galicia, un órgano de asesoramento técnico e administrativo, que quere ser a única canle de interlocución  coa empresa. 

Estamos a avogar pola aceleración de proxectos industriais, rebaixamos as condicións para que sexan declarados estratéxicos. A nova estratexia de política industrial permitiranos, ademais, a prospección dous diferentes sectores en Galicia, tradicionais e emerxentes. 

No ámbito do emprego, temos unha preocupación moi grande por poder brindar ás nosas empresas os perfís profesionais que precisan. Estímase que existen en Galicia unhas 15.000 vacantes, ou postos sen cubrir porque non se atopa ás persoas coa formación idónea. Vimos de facer un estudo moi detallado e punteiro, a Axenda Galega de Capacidades, para detectar esas carencias e poder ofrecer profesionais preparados para saír ao mercado laboral. 

Aprobaremos na nova Lexislatura un catálogo de profesións que  se poidan desenvolver no medio rural, con especial atención á mocidade para fixar poboación no territorio galego.

Cada vez resulta más difícil emprender y parece que solo unos pocos valientes se atreven a hacerlo, a la vista de los terribles datos de autónomos en Ourense, que siguen cayendo cada año. ¿Tienen los jóvenes en Ourense las ayudas necesarias para poner en marcha su propio negocio y no morir en el intento? - Rocío Nieto

Os traballadores autónomos son unha peza clave na nosa economía. Son xeradores de riqueza e de emprego na nosa comunidade. Representan máis do 20% do total de afiliados (dato xaneiro 2024), que fai de Galicia a segunda comunidade con maior peso do colectivo. 

No caso de Ourense, o emprendemento e o traballo autónomo teñen un peso relevante na súa economía con preto de 23.000 traballadores ao peche do ano. Estamos a impulsar a través dos polos de emprendemento as moitas posibilidades de desenvolvemento que ten Ourense, sobre todo das súas contornas rurais e pensando nas persoas mozas. 

Na provincia hai en marcha tres polos: o do Carballiño, Verín, e do Barco de Valdeorras. Abrirase un máis en Baños de Molgas. En total serán 4 polos na provincia, dos 15 previstos en toda Galicia. Ata o momento teñen atendido máis de 200 proxectos. Artellamos axudas novidosas como a cota cero para novos autónomos e elevamos este ano ata os 29 millóns de euros as axudas para o inicio de actividade. Reforzaremos os programas de emprego xuvenil e axudaremos á contratación nos sectores das enerxías renovables, a innovación tecnolóxica e a economía circular, en consonancia co impulso á transición cara unha economía verde e azul.

OURENSE, POR DELANTE

¿Cuál es su medida estrella para conseguir que Ourense siga siendo la tercera ciudad de Galicia? - Lucía Vispo

Ourense é unha terra de posibilidades que imos converter en realidades, porque o Goberno galego é a Administración que máis mira por Ourense. Temos postas as bases para facer desta cidade un referente en termalismo.

E se ben estamos orgullosos das nosas tradicións e queremos seguir sendo a terra da chispa, da lousa ou dos paraugueiros, o futuro xa está aquí:

  • Co Centro de Excelencia en Ciberseguridade
  • Co Campus da Auga e novas titulacións universitarias punteiras
  • Co termalismo como potencia económica e turística
  • Ou coa ampliación da Área Empresarial de Ourense

Entre outros moitos proxectos que imos poñer en marcha contando sempre co pulo da sociedade ourensán

IGUALDAD

Que fai a Xunta por acabar coa discriminación laboral das mulleres? - S. M. 

O noso Goberno leva no seu ADN o compromiso coa igualdade de mulleres e homes. Hoxe en Galicia hai máis de 520.000 mulleres traballando e afiliadas á Seguridade Social, son case 60.000 máis que cando chegamos ao Goberno en 2009, e a fenda salarial reduciuse en máis de seis puntos. A igualdade laboral vai sendo cada vez menos unha quimera, para se converter nun obxectivo máis próximo. Temos as bases para seguir a avanzar. Unha nova lei da igualdade que blinda os dereitos das mulleres no eido laboral. Estamos incidindo, e así seguiremos a facelo, na creación dunha auténtica cultura da igualdade nas empresas. 

E apostaremos por seguir a impulsar con incentivos a presenza de mulleres en sectores masculinizados e o emprendemento feminino con programas consolidados como o Emega. Neste camiño é fundamental seguir co apoio á conciliación e corresponsabilidade. 

Aprobaremos a estratexia para o impulso do emprego feminino de alto valor engadido. Seguiremos a colaborar co tecido empresarial no fomento do ascenso de mulleres en postos de directivos e de decisión, a través dunha nova axuda económica ás empresas. E reforzaremos e ampliaremos a formación específica en igualdade laboral, na que a prevención de toda discriminación no eido laboral é o fío condutor. 

Te puede interesar